Ola rapaces!
Hoxe tivemos a primeira xuntanza do club de Narrativa Xuvenil. Comezamos con doce rapaces de 1º, 2º e 3º da ESO que se achegaron a novela A neve interminable de Agustín Fernández Paz.
Ola rapaces!
Hoxe tivemos a primeira xuntanza do club de Narrativa Xuvenil. Comezamos con doce rapaces de 1º, 2º e 3º da ESO que se achegaron a novela A neve interminable de Agustín Fernández Paz.
Ola rapaces!
O Equipo de Dinamización e a biblioteca convoca o I concurso de microrrelatos de Samaín para rapaces da ESO. Estas son as bases.
OBXECTIVO: fomentar a creatividade do alumnado do noso centro en lingua galega e o seu coñecemento sobre a tradición do Samaín.
TEMA: o Samaín, o medo e os seus personaxes: meigas, lobishome, curuxa, santa compaña, home do saco...
PARTICIPANTES: alumnado da ESO.
EXTENSIÓN: o microrrelato deberá ter un máximo de 50 palabras.
FORMATO: os textos entregaranse escritos á man nun folio ou cartolina tamaño A5 (medio folio común). Poderá decorarse a cartolina con motivos do Samaín ou con imaxes que complementen o relato.
PRESENTACIÓN: os relatos entregaranse no mostrador da biblioteca do centro. O nome da alumna/o e o curso e grupo deberán colocarse na parte traseira da cartolina.
PRAZO: o prazo de presentación finaliza o venres 25 de outubro.
O alumnado premiado será comunicado o martes 29 e lerá o seu relato na sesión de contacontos da tarde.
XURADO: formado por profesores de diversos departamentos que forman parte de Dinamización Lingüística e da Biblioteca.
PREMIOS: O concurso convócase en dous niveis:
• Primeiro nivel: alumnado de 1º e 2º de ESO.
• Segundo nivel: alumnado de 3º e 4º de ESO.
Concederase un premio por cada nivel.
Os premios consistirán dous libros para cada alumna/o gañadora/o escollidos por ela/el.
Tamén poderá haber mencións premiadas.
USO DOS MICRORRELATOS:
• Cos microrrelatos presentados farase un mural na entrada do centro.
• Dinamización Lingüística e a Biblioteca reservan o dereito a utilizar os microrrelatos presentados para uso didáctico.
• Os relatos premiados poderán ser publicados na Web do IES Sofía Casanova e nas súas redes sociais.
Animádevos a participar!
Ola rapaces!
Hoxe tivemos a primeira xuntanza dos Clubs de Lectura. No segundo recreo o anexo da biblioteca encheuse de rapaces interesados na nova tempada de actividades da biblioteca. Dani e Lucía contaron as dúas propostas. Os mércores no segundo recreo será o club de Novela Gráfica, os luns terá lugar, tamén no segundo recreo, o de Narrativa Xuvenil. Mostraron os libros lidos o pasado curso e aclararon dúbidas.
Non puiden contar os que éramos, pero tivemos que meter moitas cadeiras! Pronto vos contaremos os horarios e os grupos resultantes para que o número de participantes non sexa moi grande e falemos con máis tranquilidade de nosas lecturas favoritas.
Grazas por vir.
Ola rapaces!
María Lanza apórtanos a páxina web do proxecto onde se explican os obxectivos e o desenvolvemento do traballo que ten como principal interés achegar o patrimonio artesanal galego ao alumnado para potenciar o respecto e a súa valoración.
Traballouse, primeiro, o coñecemento dalgúns oficios e técnicas artesanais a través de visitas a museos como o Museo Antropolóxico de Villadóniga e o Museo do Forno do Fonte en Buño. Os rapaces, no marco das visitas culturais, foron iniciados na contextualización da artesanía na nosa historia en na nosa tradición.
No primeiro trimestre os rapaces comenzaron co labor de reciclaxe de materiais de refugallo.
No segundo trimestre asistiron a diferentes obradoiros (de cerámica, con materiais como a arxila; de tecidos, para aprender a texer un tapiz artesanal).
No terceiro trimestre, se diseñou o proxecto final centrado na representación dun muestrario da fauna dos peixes, como un tapiz artesanal onde se expoñen os peixes feitos de cerámica. Finalmente, montouse o tapiz colaborativo unindo todos os tapices individuais nun só que adorna a entrada do centro. A montaxe do mural coincidiu coa conmemoración do Día do Medio Ambiente, o 5 de xuño. Buscamos que os rapaces reflectiran sobre a necesidade do coidado do medio marino e a súa biodiversidade.
Os departamentos que colaboraron no Proxecto dentro do Plan Innova Edu Sostenible foron Educación Artística, Relixión, Lingua Galega e Literatura, Física e Química, Dinamización e Biblioteca.
Quedámonos co esta cita da Páxina web:
"O coñecemento dos materiais e o medio natural onde se obteñen, amosan tanto o respecto ao medio ambiente e as paisaxes como as comunidades e os pobos que xurdiron a partires destes oficios".
Parabéns a todos polo bo traballo!
Ola rapaces,
Xa preto de rematar o curso, algúns profes queren compartir con todos os seus traballos.
Poñemos aquí o texto da introdución feita por Emilio, da publicación realizada en Proxecto Competencial, un de cuxos volumes xa temos na nosa biblio.
"Finalizado este curso 2023-2024 de Proxecto Competencial que tivo por fío condutor As Meninas, xuntamos aquí as últimas actividades desta materia optativa. Despois de empezar aprendendo do cadro de Velázquez, de investigar a súa pegada na historia da arte (Picasso, Equipo Crónica, Manolo Valdés,…) e de transitar por un roteiro imaxinado para un Canido ben real da man amable de Edu Hermida, rematamos deseñando unhas cantas Meninas posibles, ben feitiñas (as máis delas).
Ola rapaces!
Como cada ano por estar datas, a biblioteca os mostra un tríptico coas recomendacións de lectura para non deixar de ler durante as vacacións.
Boas vacacións para todos!
Ola rapaces!
Estamos contándovos as noticias de final de curso. Aquí queremos mostrarvos o enlace a web "Ferrolás sen máscara" que resume o traballo realizado en Proxecto Competencial polos alumnos de 4º B e C sobre a pegada das mulleres ferrolás na cultura e na arte.
Nesta web creada por Nerea, Martín e Hugo podedes ver o proceso do seu traballo, os xogos, vídeos e os podcast coas entrevistas con Henrique Dacosta, Orlando Jara, Manuel Pita e Carmen Cuesta.
Xa falamos un pouco do seu proxecto na entrada do Día da Muller. Aquí temos o traballo final que merece todos os parabéns para estes rapaces: Nerea, Martín, Hugo, Inés, Esther, Erika, Inés, Adela, Carlota,Alicia, Aurelio, Adrián, David, Rubén, Andrea, Sofía ,Laura, Yassine, Pablo, Saúl, Nourdine, Antón, Lola, Thien, Noa, Diana, Aldana, Imane, Hugo, Mario, Noel, Mario. E para a súa profe, María José.
Aquí tedes o vídeo resumo do traballo.
Ola rapaces!
Queríamos comentarvos o traballo interdisciplinar realizado polas alumnas e os alumnos de 4º de ESO durante este 3º trimestre sobre “As Sinsombrero”, as mulleres da Xeración do 27.
Traballouse de maneira interdisciplinar nas áreas de Lingua Castelá e Literatura con Daniel, Lingua Galega e Literatura con Lucía, e Dixitalización con Marta.
O obxectivo foi reflexionar sobre o papel activo da muller nos ámbitos culturais, artísticos e de pensamento nas décadas de 1920 e 1930, o seu olvido premeditado durante o réxime de Franco e a revalorización do seu labor.
Todo o montaxe cos vídeos e presentacións podedes disfrutalo nestes dous enlaces google site e en canva
Parabéns aos profes e ao alumnado polo seu esforzo!
Ola rapaces!
O pasado martes tivemos un dobre evento na biblioteca. Despedimos o curso cunha comida cos alumnos da ESO, preparada con agarimo por Gloria. Logo de facernos fotos de grupo, xuntámonos na biblio para falar da nosa experiencia durante este curso. Algúns rapaces sacaron libros para o verán.
Cos rapaces de Bacharelato (e algúns da ESO) percorrimos un roteiro tralas pegadas da novela gráfica Cinza, lida meses antes e comentada co seu autor, Xavier Alcalá. Dani explicounos algúns aspectos dos espazos da novela tan fielmente ilustrada por Manel Cráneo.
Visitamos o Instituto Concepción Arenal decatándonos das semellanzas entre as ilustracións e a realidade: a portada, cunha profesora asomada a fiestra, o corredor das aulas, a entrada aos seminarios. Tamén visitamos a biblioteca que na época da novela era a capela do instituto.
Ola rapaces!
Seguimos contándovos actividades feitas polos compañeiros neste final de curso. Agora falamos dunha obra de teatro escenificada polos rapaces de 1º de ESO do grupo de Teatro do Sofía dirixidos por Rosa e Marta.
Tratábase dunha selección destas pezas teatrais: O Valo de Carlos Labraña, Mamasiña que medo de Chus Pereiro, Brinquemos o Teatro de Euloxio Ruibal, Carabela de Paula Carballeira, Unha estrela para Amina de Celia Díaz Núñez e Esceas de Fernando Soto.
Ola rapaces!
O alumnado de terceiro da ESO realizou o martes 21 de maio unha pequena homenaxe ao escritor, historiador, precursor do Rexurdimento e fillo predilecto de Ferrol Benito Vicetto Pérez, para conmemorar o bicentenario do seu nacemento.
O acto consistiu nun pequeno roteiro polos espazos vitais do autor: barrio de Esteiro, Teatro Jofre, Ferrol Vello. Finalmente leron ao pé da estatua do ilustre autor no Parque Raíña Sofía dous poemas escritos en galego. Tamén realizaron unha pequena ofrenda floral e remataron cantando o Himno galego.
A noticia saiu na prensa local. Podedes vela aquí.
Por outra banda, agora están confeccionando un mural urbano nas paredes do recinto escolar.
Parabéns!
Ola rapaces!
Aquí temos unha impactante estrea que compartimos na nosa biblio.
Os rapaces do Obradoiro de Escritura de 1º BAC co seu profesor Emilio Saldaña gravaron un resumo do estasimo primeiro da Antigona de Sofocles, realizada no escenario do salón de actos.
Tras a intervención do coro, Antigona e Creonte enfróntanse representando as leis divinas que obrigan a honrar aos defuntos e as políticas que buscan castigos exemplares aos traidores.
Os nosos actores son:
Ola rapaces!
Rematando xa a Semana das Letras Galegas, vos resumimos aquí moitas das actividades que estamos levando a cabo, agasallando a nosa autora Luisa Villalta da que podedes ver un cartel na entrada do centro.
O luns tivemos a visita de Andrea Maceiras, autora da que leron en 1º de ESO Alma de elefante, unha historia de crecemento e de amor aos animais.
O martes participamos no Festival das Letras no salón de actos con bailes e actuacións sobre as que vos contaremos máis adiante polo miúdo.
O mércores acudiú Eva Mejuto e falou en 4º da ESO da súa novela 22 segundos.
Ola rapaces!
O día 30 de abril tivemos outro encontro literario na nosa biblioteca. Un grupo de alumnos e alumnas de terceiro da ESO leron a novela El principito se fue a la guerra de Santiago García Clairac.
O autor veu a visitarnos e pasou connosco unha ora na que contestou todas as nostras demandas. Falou da súa carreira literaria que comezou logo de deixar o seu lavoro no eido da publicidade. Contounos a súa formación en Francia e como sempre soubo que querría escribir.