luns, 22 de maio de 2017

II ENCONTRO DE CLUBES DE LECTURA

Ola, rapaces, mañana é o día de dar a benvida aos nosos compañeiros do Club de Lectura do IES Concepción Arenal. 
Teremos en primeiro lugar, un recitado de lecturas de Rubén Darío, Edgar Allan Poe, Carlos Casares, etc... Coido que tamén poderá haber un acompañamento musical.
Logo xantaremos todos xuntos na nosa biblioteca onde esperamos contar con algunha sorpresa gastronómica. 
Non o esquezades!

Socas
.
                    
 “LECTURAS COMPARTIDAS”                                                                    
II ENCONTRO DE CLUBES DE LECTURA
IES CONCEPCIÓN ARENAL                                                            IES SOFÍA CASANOVA
23 de maio de 2017

mércores, 17 de maio de 2017

NOVA XUNTANZA DO NOSO CLUB

Onte tivemos unha nova xuntanza do noso club onde, por unha vez deixamos a fantasía para mergullarnos nunha historia real coma a vida mesma. A experiencia de August, un neno de dez anos cun problema grave no seu rostro o que lle fai especialmente sensible ante o bullying. R.J. Palacios en Wonder: La lección de August emocionounos nesta preciosa aventura de superación persoal.
Daniela e Ariadna fixeron a presentación e logo moitos de nós contaron a súas vivencias sobre a discriminación escolar, con historias reais, vividas en primeira persoa ou escoitadas doutros compañeiros.
Penso que todos aprendemos moito.



                   
sexta sesión do noso club de lectura

wonder de R.j.palacio

Esperámoste ás 14:15 do martes 16 de maio

na biblioteca.

Trae a comida!





mércores, 10 de maio de 2017

Edgar Allan Poe no IES Sofía Casanova

O departamento de Lingua Castelá e Literatura, coa colaboración do departamento de Educación Plástica e Visual e mais do equipo da Biblioteca, adicou este ano o día do libro ao escritor estadounidense Edgar Allan Poe.

O venres 28 de abril, no salón de actos do centro, o alumnado da ESO presentou os traballos que elaborara na aula coa axuda das súas profesoras e profesores nas semanas anteriores e realizou unhas lecturas dramatizadas de catro relatos: 1º de ESO traballou co "Corazón delator"; 2º de ESO, co "Gato negro"; 3º de ESO, con "A verdade sobre o caso do señor Valdemar" e, 4º de ESO con "Berenice".

Nas clases de EPV os alumnos e alumnas fixeron carteis despois de ter traballado os relatos nas aulas de Lingua Castelá e Literatura.  Estes carteis os podes ver estes días nunha exposición na entrada do instituto.