xoves, 12 de marzo de 2020

8 de MARZO DÍA DA MULLER

 Este ano con motivo do 8 de marzo, tiñamos previsto unha morea de actividades, das que únicamente chegamos a empezar algúnhas por causa do orde de suspensión das clases que comenza o luns. Deunos tempo a facer desde a biblioteca a nosa mesa de exposición na  entrada do instituto con propostas para a lectura e a reflexión que nos axudaron a compoñer varios alumnos do centro.
Tamén que remos deixar aquí a nosa particular guía de lectura deste Día da Muller.

VISITA DE ANDREA MACEIRAS



Ola rapaces!

O día 9 de marzo recibimos o a visita da xove e prolífica escritora Andrea Maceiras. Esta actividade estaba organizada polos Departamentos de Lingua Galega, Dinamización e a Biblioteca.        A charla tivo lugar no salón de actos do instituto. A autora fíxonos unha presentación sobre o proceso creativo do seu libro:
  Conta nove estrelas 
Na súa exposición explicounos  que lle inspirou a facer unha historia tan máxica e entretida. Despois da distendida charla de Andrea, moitos alumnos  fixeron unha rolda de preguntas, que ela respondeu con gran  entusisamo. Para rematar  asinou varios exemplares que lle trouxeron os asistentes. Foi unha xornada divertida e moi interesante con esta  escritora que nos serve de inspiración a todos nós.  Antes de despedirse do centro, foi tan amable de contestar as preguntas que lle tiñan preparadas unhas reporteiras moi especiais de primeiro da ESO.
Deixamos as fotos da xornada, xunto coa trancripción da entrevista  e un vídeo onde a autora le un texto de este entretido  libro  de ciencia fición que foi Premio Lazarillo 2018.

mércores, 11 de marzo de 2020

NOVA SESIÓN DO CLUB DE POESÍA

Ola rapaces!
Onte a nosa sesión foi particular por moitas razóns. Por unha banda, porque eramos pouquiños, debido á participación dalgúns de nós no Coro que tiña uns ensaios extras. Por outra, porque tivemos de todo, variadiño, variadiño.

Manuela comezou lendo un poema de Leopoldo María Panero: "El circo".
Sabela outro de Antonio Machado: "Pascua de Resurrección".
Emilio leunos o que leva por número o 512 de Emily Dickinson: "El Alma tiene momentos de Atadura". Aproveitamos para ver o tráiler da película baseada na vida desta poetisa estadounidense: Historia de una pasión que foi recomendada por Pilar.


Logo, Pilar elixiu o poema de Claudio Rodríguez: "Don de la ebriedad", que da título al poemario deste escritor zamorano afincado en Madrid:


Siempre la claridad viene del cielo;

es un don: no se halla entre las cosas
sino muy por encima, y las ocupa
haciendo de ello vida y labor propias.
Así amanece el día; así la noche
cierra el gran aposento de sus sombras.

Y esto es un don. ¿Quién hace menos creados
cada vez a los seres? ¿Qué alta bóveda
los contiene en su amor? ¡Si ya nos llega
y es pronto aún, ya llega a la redonda
a la manera de los vuelos tuyos
y se cierne, y se aleja y, aún remota,
nada hay tan claro como sus impulsos!

Oh, claridad sedienta de una forma,
de una materia para deslumbrarla
quemándose a sí misma al cumplir su obra.
Como yo, como todo lo que espera.
Si tú la luz te la has llevado toda,
¿cómo voy a esperar nada del alba?

Y, sin embargo -esto es un don-, mi boca
espera, y mi alma espera, y tú me esperas,
ebria persecución, claridad sola
mortal como el abrazo de las hoces,
pero abrazo hasta el fin que nunca afloja.


A partir de aquí, uns poetas leváronos a outros. Claudio Rodríguez levounos a Dylan Thomas, do que se confesaba debedor. Emilio púxonos a propia e peculiar voz do poeta galés no recitado do seu célebre: "Do not go gentle into that Good Night".

Para terminar, Sabela recomendounos o poema sobre a morte de Elias Boudinot" de Alexander Hamilton. Aproveitou para falarnos do musical baseado na súa figura Hamilton e rematamos vendo algúns dos seus números.


luns, 9 de marzo de 2020

FALANDO DE GALDÓS NA TELEVISIÓN DE FERROL

Ola rapaces!
O sábado puidemos ver no programa "Crisol de Cultura" da Televisión de Ferrol, onde colabora Emilio, a Pilar falando do escritor Benito Pérez Galdós.
Como estamos a conmemorar o seu centenario, calqueira ocasión é boa para lembrar ao escritor canario e animarnos a ler as súas obras.

Podedes ver aquí o programa.