mércores, 31 de outubro de 2018

SAMAÍN CELTA



Ola rapaces!

Hoxe 31 de outubro festa do Samaín, os alumnos de 1º da ESO na nosa biblioteca fixeron presentacións e actividades relacionadas coa festa celta. Con tal motivo algúns viñeron vestidos facendo alusión ó culto aos mortos que era a finalidade desta celebración. Seguiremos informando sobre o concurso de decoración de cabazas e espigas que se vai celebrar na próxima semana no instituto.

  

xoves, 25 de outubro de 2018

SEIS POEMAS GALEGOS DE LORCA

Ola rapaces!
Como sabedes, celebramos o Día Mundial das Bibliotecas do pasado 24 de outubro da man dun dos maiores xenios das nosas letras, Federico García Lorca. Decoramos o centro coas súas palabras tomadas do discurso de inauguración da biblioteca pública de Fuentevaqueros, o seu pobo natal. 
Alguén comentounos que poderíamos aproveitar para difundir os seis poemas galegos que, coa colaboración do ferrolán Eduardo Guerra da Cal, amigo do poeta granadino, éste escribió logo da súa viaxe por terras galegas co teatro universitario A barraca.
Así que  non quixemos desaproveitar a ocasión e fixemos un montaxe cos poemas e algúns debuxos. Estes xa decoran as nosas paredes. E se vos pregontades por que están alí e a que conto ven, pois a resposta é moi sinxela. Porque nos petou.

Bicos.

mércores, 24 de outubro de 2018

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS. VOLUNTARIADO

Hoxe, 24 de outubro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Bibliotecas. Teredes visto, rapaces, por todo o instituto os carteis que fixemos para conmemorar esta data. Son fragmentos do discurso de Federico García Lorca na inauguración da biblioteca do seu pobo natal, Fuentevaqueros (Granada). Tedes que lelo con calma, son moi fermosas as súas palabras.

Ademais, o grupo de voluntariado da biblioteca tivo a idea de celebrar esta data coa primeira visita desta tempada ao xeriátrico. Así que hoxe quedamos a xantar xuntos despois das clases, preparamos un cartel conmemorativo, ensaiamos os textos e recortamos corazóns para logo facer a actividade cos anciáns. Agradecemos a Victoria que nos botara unha man e damos a benvida a todos os novos participantes no noso voluntariado.

Os maiores recibíronos con moita ledicia, coma sempre. Logo de explicar un pouco en que consistía a celebración, lemos fragmentos do discurso de Lorca e puxémoslles a cada un unun coraz co seu nome. Vily agasallounos cun fermoso libro-floreiro, feito con esas mans que Deus lle deu. Rematamos cunha lectura de frases literarias célebres.

Esperamos que o disfrutárades, confiamos en que os que non puideron vir por mor das súas moitas ocupacións poidan facelo máis adiante. Agradecemos a todos a vosa colaboración. José Luis ten paciencia cos teus actores, intentaremos non poñer máis visitas coincidendo cos ensaios.

E para todos, FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!


mércores, 10 de outubro de 2018

O CLUB DE ROMÁNTICA INICIA A SÚA ANDAINA

Ola rapaces!
O pasado martes comezamos unha nova tempada do noso Club de Lectura xuvenil que xa vai polo seu noveno curso. Como pasa o tempo!
Non quero poñerme sentimental, mais o caso é que este curso si que imos poñernos un pouquiño romanticóns porque convencéronme as Danielas and Company para adicar o noso itinerario lector precisamente á novela romántica. Pero que quede ben clariño dende o principio. Imos ler boas novelas, non cursilerías, eh?
Así que, efectivamente, coa incorporación de algúns pequenos como Toni, Miguel ou Santi, e de grandes como Manuela, iniciamos o club de romántica. Imos ir tamén viaxando no tempo, así que alternaremos textos máis moderniños con auténticos clásicos do xénero.

Polo de pronto tedes que prepararvos para ter grandes emocións con Cumbres borrascosas de Emily Brontë. 



Sei que a proposta foi moi ben recibida e pronto quedaron repartidas as moderacións das sesións.
Así que a ler. Vémonos o vindeiro mes. Estade atentos as novas adquisicións.

martes, 9 de outubro de 2018

VISITA DE ALUMNOS FINLANDESES E GALESES

Ola rapaces!
Onte, na nosa biblioteca tivemos a sorte de contar cuns visitantes moi especiais. Tratábase dun grupiño de profesores e alumnos de Finlandia e de Galés, que están facendo un intercambio nas nosas aulas. 
A biblioteca agasaioulles cun "breakfast" a cargo do centro e servido por Loly e Belén que foi moi do gusto de todos.
Logo, dúas das nosas máis activas colaboradoras, Cinthia e Laura (de 1º de BAC) faláronlles das nosas actividades na biblioteca.
Foi un auténtico pracer termos conosco.
Bo traballo!