mércores, 24 de xuño de 2015

CONCURSO MARCAPÁXINAS LG 2015


Un ano máis, o concurso dos marcapáxinas Letras Galegas. Tras o reconto, estes foron os máis votados polos alumnos. 

1º: Névia Lamas. 2º: Xiana (4º C). 3º: Cristina (4º C).


Parabéns. Así rematamos o curso 2014-2015, e así comezaremos o 2015-16, coa entrega destes marcapáxinas. Pero para iso aínda queda moito! 

Bo verán, entre xílgaros, sereas e barcas...



luns, 22 de xuño de 2015

AS TRES GRACIAS NO SOFÍA

O venres 19 de xuño entregáronse os premios ás versións máis votadas de "As tres gracias". Continúa un ano máis "ExpresArte: Ver-Ler un cadro", na liña de "As venus" e "As meninas: ReciclArte".

1º premio: Raquel Toja Quintela por "As hero-gracias".
2º premio: Míriam Hidalgo por "Os gardiáns dos elementos".
3º premio: Marta Fernández Arias por "As tres graciosas".



Accésits: Claudia González. Daniel Aguiar. Cristina Lorenzo. Vid. muro.

Podedes ver no noso punto de encontro o que deu de si esta actividade: entrade no muro colaborativo e accederedes a cada unha das versións coa correspondente análise (título, estilo e interpretación).


mércores, 17 de xuño de 2015

KIM EN 1º ESO: ITINERARIO KIPLING, 150 ANOS



Autores: Alumnos de 1º A, EPV



Autores: Alumnos de 1º ESO, LLC


Rudyard Kipling (Bombay, 30-12-1865 / Londres, 18-1-1936) cumpriría 150 anos neste 2015. Coñecédelo por ser o autor de The Jungle Book (O libro da selva) e "If", entre outras moitas obras. Os alumnos de 1º ESO tráenvos agora a versión en cómic de Kim -novela de Kipling- así como o muro colaborativo onde foron colgando os seus traballos sobre este autor e a súa obra.  
Parabéns aos rapaces de 1º ESO e ás súas profesoras de EPV e LLC (María Lanza e Juana Brañas). Non queremos dicir moito porque preferimos que vexades o que fixeron os alumnos nos enlaces ao cómic e ao muro: merece a pena entrar neles se queredes acceder ao mundo de Kipling, se queredes acceder a un itinerario lector (Kipling, a literatura inglesa na India colonial, os clásicos levados a banda deseñada...) que vos pode guiar nas vosas lecturas de verán. 

https://sites.google.com/site/kiplingnosofia/


martes, 16 de xuño de 2015

TARTAS LITERARIAS CLUB DE LECTURA 2015

Martes, 16 de xuño. Como todos os anos, as tartas do club de lectura. Algunhas delas, neste enlace.


Si. Comemos ao pobre Obélix. Era unha galleta.
El tamén a comería... Estaba boísima.


Que comen os coellos? Cenorias, non?
Unha exquisita tarta de cenoria co coello branco de Alicia. 


Máis no enlace mencionado.

luns, 15 de xuño de 2015

AS MENINAS DE CANIDO CHEGAN A MONTMARTRE

Sábado, 13 de xuño 2015: La Voz de Galicia. Pois si. Un paso máis. O consello de administración da asociación Eau et Lumiere aprobou onte en París solicitar á Comisión Europea a inclusión das Meninas de Canido na rede de Itinerarios Culturais Europeos (en España, o Camiño de Santiago, a ruta do Quixote) da Ruta dos Impresionistas. Eduardo Hermida entrou onte no consello da asociación europea, e presentou a idea en Montmartre. Parece que (vid. Carlos Agulló, enviado especial a París de La Voz de Galicia) a recuperación deste espazo impactou aos expertos franceses. 
Amplía imaxe
Na Biblioteca do Sofía estamos felices. Desde que María Lanza e os seus alumnos de EPV nos deron a coñecer esta iniciativa -eles xa estiveran alí, participando-, entre todos vimos que era algo que merecía a pena: por iso ReciclArte e LiteraturizArte (vid. dentro do sitio a exposición ReciclArte, como se fixo, e a guía de lectura Meninas). Por iso estivo connosco Eduardo Hermida. E por iso desde o Sofía -e para o que teñades nunha aplicación do móbil- se está a traballar en:

O ROTEIRO DAS MENINAS DE CANIDO
Proximamente 

Seguiremos informando, pero aí vos vai un adianto.
Parabéns, Eduardo. Parabéns a todos os que participan neste movemento/revolución cultural en que se convertiu as Meninas de Canido. Ás veces, as árbores medran contra todo e a pesar de todo; ás veces nace arte no lugar máis insospeitado. Ás veces. Pero si, é posible. Coma vós, nós cremos que é posible. Que todo é posible. Con ganas, con traballo, con criterio... É posible. 

xoves, 4 de xuño de 2015

PLANETA LINGUA Nº 16: SOFÍA CASANOVA, OS PRIMEIROS 50 ANOS

Xa hai uns días que está connosco o novo número da revista Planeta Lingua, revista promovida polo Equipo de Dinamización de Lingua Galega.  Andamos mal de tempo, queriamos contalo ben, pero xa é moita hora de dicilo. Así que vai como vai. Pero vai: 

Antía, superácheste. 

Antía Aneiros, María Rodríguez Brañas, Tomás Losada 
e Carlos Bértalo lendo Planeta Lingua 16. 

Sempre nos sorprendes, pero desta vez… Mirade os contidos: seguro que as vosas nais ou avoas foron alumnas do centro, seguro que lles encantará revivir de novo aqueles anos. Mirade, mirade:
  • “Tal como éramos”, o Ferrol que veu nacer o noso instituto:  Que fotos!.
  • “Os primeiros 50 anos”,  o Sofía de 1963-64 a 2013-14, con datas fundamentais: 1963 (bota a andar), 1967 (novo edificio), 1970 (cambios), 1976 (BUP), 1983-1985 (de Camilo a Sofía, de feminino a mixto), 1996-97 (a ESO)…
  • “Sofía Casanova. A traxedia de Europa feita palabra”, con fotos e anécdotas, moitas delas contadas a Antía polos alumnos Carlos Bértalo, Antía Aneiros, Tomás Losada e María Rodríguez Brañas.
  • “Eu estudei no Sofía Casanova” , unha reveladora charla con María José Rodríguez Bouza, ata hai nada profesora de EF no centro.
  • “As miñas lembranzas do instituto” por Ánxela Loureiro. Que memoria! Que recordos! Que ben o contas! “A prepa”, dona Socorrito, o movemento estudantil… Lédeo, por favor. Lédeo.
  • Os actos de celebración dos 50 anos. Por certo, aí vai o enlace ao documental realizado por alumnos e profesores, cos nosos amigos de Gaitafilms.
  • Sofía Casanova, “Ferrolán do ano”, co discurso de agradecemento de Laura, a directora.
  • E as achegas da ANPA e de Alberto Fuentes, antigo alumno do Sofía e actual xefe de estudos.

Antía, parabéns. É unha revista para todos, para os que estiveron, para os que estamos e para os que estarán. Porque os 50 anos do instituto non se podían esquecer. Porque é algo que non pasa todos os anos. Porque se traballou moito nesta conmemoración. E porque ti traballaches moito. E este é o resultado. Un fantástico resultado.

Continúa, por favor. Todos os anos recolles feitos que nos fan lembrar o que fomos e o que somos. Que este noso Planeta Lingua dure "mil primaveras máis", e que sexa da túa man. Fasnos moita falta, fasnos recordar, porque...





Jose Saramago (Azinhaga, 1922-Lanzarote, 2010)
Premio Nobel de Literatura, 1998
  

martes, 2 de xuño de 2015

EL CORREDOR DEL LABERINTO


Hoxe sesión El corredor del laberinto con Antía Casal e Míriam Hidalgo: sinopse obra, trailers películas, páxina oficial James Dushner. Preguntas: Para que vale o labirinto? É suficiente ver a película? Canto tempo vos levou facer o traballo? Gustouvos o libro? Aplausos. 


"A hora de Diego”: banda deseñada. Recomendacións: Groo y Rufferto (parte “tonta” de Conan); La tumba de Drácula (de Marvel); Scott Pilgrim (películaenlace). Diego recomenda estes libros nesta orde.
Remataron sesións este curso? Tartas literarias? 
Brevidade obrigada por fin de curso.