Ola rapaces!
Hoxe
é tempo de falar dunha das actividades da biblioteca que, con
bastantes
anos de historia pois leva activa
dende 2014,
menos coñecida é e menos publicidade recibe. E penso que sería
bo remediar
un pouco tal inxustiza.
Refírome
ao Obradoiro de Escritura ou de Microescritura (OME) , que leva
Emilio ás costas, cal quixotesco cabaleiro sobre o seu Rocinante.
Pouco se asomou o OME ao
noso blog, pero ás veces publicamos algúns resultados dos seus máis
ínclitos irmáns, como o
relato dun pequeño Iago
de 1º ESO.
Porque dito grupo de valentes ten algo de irmandade ou cofradía. Por
alí pasaron históricos infanzóns coma Pepe,
autor de poemas ou de luengas
sagas épicas, ou Diego, que tamén alumou prodixiosos inventos…
Agora a táboa
redonda a compoñen gloriosos cabaleiros e damas.
O mencionado Iago,
de cuxos
produtos (gráficos e literarios) algo saben tamén os membros
desoutra irmandade manguense.
Javi, famoso polos seus relatos con
finais borgianos.
Sara, de cuxa profundidade retórica
tiñamos coñecemento e que foi louvada polo mesmísimo Lord
Karlotti.
Sabela, dama samurai
cunha ampla obra baixo a súa armadura…
- Tony, xove escudeiro cun amplo abanico de intereses, e que promete moito.
- Lía, outra dama chegada do Imperio do Sol Nacente...
Pero
falaremos xa da andadura desta orde cabaleiresca
durante este ano. Non chegándolles cos encontros semanais dos
recreos, decidiron facer tamén quedadas durante un vernes ao mes á hora do almorzo. O seus azos eran tales que non distinguían as
xornadas, dáballes igual estar confinados,
indiferentes ás noites ou ás mañás. E as mañanciñas
encontrabanos coa pluma en ristre pelexando coas musas… E así,
durante o duro trance do confinamento, o seu wasap botaba fume e
seguían a propoñer retos e enigmas…
Estes
son algúns deles.
1.
Proposta dun microrrelato regrado. Por exemplo, escribir un conto
fantástico que conteña, e por esta orde, estos conceptos (que non
palabras):
-
nostalgia
-
riesgo
-
aventura
-
misterio
-
autoridad
Emilio,
lanzaba a luva do reto pero atacaba primeiro con esta aportación:
“Añoro
el tiempo en que adoraba escalar sin cuerdas la nariz de un moai,
dijo el Ministro de Deportes Suicidas.”
E
aclaraba: “Es un relato fantástico porque ese Ministerio no
existe. Sería más fantástico aún si el Ministro tuviera dos
cabezas, pero también más obvio.”
Segunda
aclaración: “Por cierto, el título de mi cuento es: ´Qué bien
lo pasaba en la Isla de Pascua, qué pena hacerse viejo´”.
2.
Microxénero a partir dunha palabra dunha lista previa. Todos deberán
elixir una palabra e mandarlla polo grupo para así facer unha lista
con elas. Despois, cada un fará un microrrelato, poema, haiku...
relacionado cunha soa palabra da lista.
Velaiquí
a lista:
-
Abeja
-
Manzana
-
Cascos
-
Ornitorrinco
-
Miel
E
da primeira palabra saíu o haiku gordo o haikunón:
“La
abéjula vieja
vuela
viajérula por la baja verdura del huerto de mi abuela, como libéluja
sobre la borraja.”
3. Microbiografías de heterónimos:
O tema do desdobramento intriga moito aos nosos cabaleiros e damas.
Moito discutiron sobre él. Algúns elixiron os seus nomes, pero aquí
debían dar un paso máis e escribir, sempre en formato micro, a súa
biografía. Velaiquí a dun deles, cuxo nome celamos nós tamén:
“Mi
vida de verdad no se reduce a leer: se extiende. JLB Hoffman”
4.
Escribir un microensaio que nos faga reflexionar:
Aquí
temos que destacar esta preciosa aportación de Sara que deixa unha
interrogación no aire:
“¿Es
acaso la post verdad la mayor mentira a la que se enfrenta el ser
humano?”
5.
Cales son os microrrelatos máis breves? E aquí dúas mostras
interesantes: o primeiro de Luis Felipe Lomeli e o segundo de Juan
Pedro Aparicio:
"El
emigrante"
-
Olvida usted algo?
-
Ojalá!
"Luis
XIV"
Luis
XIV
Yo.
6.
Ler La casa de Asterión de Borges e adiviñar con que
personaxe se identifica máis Emilio no confinamento. Pronto
coincidiron todos na resposta: ten cornos e vive nun labirinto…
7.
Microrrelato sen condicionante: Ábrese o turno dos cabaleiros máis
solitarios, aqueles que van por libre como Sara ou Javi:
Ángeles
caídos. Comúnmente llamados pecadores. No merecedores del cielo.
Qué difícil es discernir el bien y el mal, el infierno y el cielo,
o lo vivo y lo muerto. En el fondo, todo son intereses y avaricia.
Todos venimos de lo mismo: del polvo y en polvo nos convertimos
cuando llega el momento. Me pregunto, ¿sirve de algo llamar a un
ángel caído pecador? ¿Sirve de algo preocuparse por ir al
infierno?”
“Que
recuerdos, me encantaba limpiar los dientes a los dragones, y cuando
ellos sonreían mientras volaban, me sentía el más feliz de la
tierra, ahora tengo que limpiárselos a los trolls, dijo el playmobil al
lego.”
Longa vida ao Obradoiro de Microescritura!