A nosa querida compañeira Pilar Berrio Martín-Retortillo, catedrática de Lingua e Literatura Española, do IES Sofía Casanova, a quen todos coñecemos entre outras cousas por dirixir xunto a Ana Seco o exitoso proxecto de transformación da biblioteca do noso centro. É protagonista hoxe na prensa local, aparecendo nun artigo de La Voz de Galicia por que vén de publicar a súa quinta novela titulada, Se llamará Magdalena.
Imaxe de editorial-adarve.com/ |
Esta obra é froito dunha minuciosa o labor de investigación e pese a ser unha biografía non se trata dunha obra academicista senón dun ameno paseo por un marco temporal concreto, no que fai un gran exercicio de equilibrio narrativo entre personaxes reais e ficticios e a fidelidade histórica e na que ven de traballando dende hai anos, e da que xa nos deixou vislumbrar algo no programa de tv de Ferrol, Crisol da Cultura que vos deixamos aquí.
Non podo rematar sen felicitar á nosa compañeira e expresar a miña máis rendida admiración por esta muller entusiasta e creativa que con unha capacidade de traballo ilimitada e un corazón inmenso foi quen de envolvernos a todos nos proxectos máis orixinais e variados, ampliando os horizontes da nosa labor como docentes, do que dan cumprida testemuña as entradas deste blog.