sábado, 21 de decembro de 2019

GIMKANA DO CENTRO, PROBA DA BIBLIOTECA

Ola rapaces!
Como todos os anos, o día que comenzan as vacacións de Nadal. Nas últimas dúas horas de clase, facemos unha Gimkana na que participamos todos os Departamentos do centro.
Todo o alumnado que quere participar debe apuntarse por equipos durante as semanas anterior. Todas as probas están diseñadas por cada Departamento Didáctico e teñen relación cos contidos educativos dos mesmos. Tamén participa o ANPA do instituto, que deseña e supervisa unha divertida proba. O alumado de 1º de Bacharelato, de xeito voluntario, e o encargdo de supervisar as probas e tamén de manter certo orden, para posibilitar a circulación entre probas, exercendo de xurado e cordinación das puntuacións dos equipos.
É unha xornada divertida e relaxada na que tamén se pon en xogo os coñecementos, destrezas e habilidades de todo o alumnado, na que se implica toda a comunidade educativa.
No caso da biblioteca, este ano a proba versaba sobre Velázquez, con pistas que lles propocionaba o texto que se lles suministraba ó entrar. En ese documento facíase referencia á celebración do bicentenario da grande pinacoteca do noso país, así como a que un barrio da nosa cidade está profusamente decorado coas súas Meninas. Con estas pistas tiñan que deducir de que pintor se estaba a falar. Unha vez establecido o artista, os grupos tiñan que localizar un libro sobre unha das súas obras, e unha biografía, ademáis dunha novela, comic ou película, onde se lle fixese mención de algún xeito.
Competían dous equipos en cada turno e dispoñían tamén de acceso a internet, empregando os ordenadores da biblioteca. O grupo de voluntarios da biblioteca estivo colaborando durante esta bonita xornada animando ós participantes. Dixamos aquí algunhas imaxes.



GUÍA DE LECTURA PARA O NADAL

Ola compañeiros e compañeriras!
 Este Nadal deixamos na entrada do instituto ademáis da decoración con elementos reciclados unha mesa con propostas de lectura para estas vacacións. Para que podades ver en detalle esas suxestións deixamos unha pequena guía de lectura  con novidades que foron propostas desde os Departamentos do centro.



venres, 20 de decembro de 2019

CELEBRANDO O NADAL COS MAIORES

Ola rapaces!
Un ano máis, un Nadal máis... visitamos aos nosos maiores da residencia DomusVi. Esta vez o grupo de voluntariado estivo acompañado co Coro do Sofía. 
Foi unha velada moi agradable, onde o coro amosou o mellor da súa arte, ben dirixidos por Dani Ardao e Almudena. Ás cancións de sempre xuntaráronse un popurrí de panxoliñas, e o Noite de Paz, instrumental.
Pola nosa parte, os voluntarios, logo de xantar en común e facer adornos navideños con material de reciclaxe para a nosa árbore, levamos aos anciáns as tarxetas para que eles tamén escribiran os seus bos propósitos, relativos ao medio ambiente, de cara ao vindeiro 2020. Xa moitos deles son amigos nosos, alégranse moito de voltar a vernos, esquecen as doenzas por un rato e gozan da boa compaña. 
Para todos eles van os nosos mellores desexos nestas festas!


domingo, 15 de decembro de 2019

JULIA UCEDA, PREMIO GARCÍA LORCA

A poetisa Julia Uceda (Sevilla, 1925) afincada en Ferrol dende hai moitos anos, acadou recentemente o premio Ciudad de Granada García Lorca na súa XVI edición. 


Moitos medios nacionais fanse eco da noticia, como o ABC, La Voz de Galicia, ou Diario de Ferrol. E que non é para menos. 
Esta andaluza, filla adoptiva de Ferrol, que exerceu como profesora de Literatura e foi directora do IES de Canido, ten  unha sólida carreira como poeta con obras como En el viento, hacia el mar (2003), Escrito en la corteza de los árboles (2013), Hablando con un haya (2010) entre outros.


Gañadora, ademais deste premio recente, doutros como o Premio da Crítica de Poesía Castellana (2006), Premio Nacional de Poesía (2003). A súa obra foi traducida ao inglés, portugués, chinés e hebreo.


E como este curso o noso club de lectura xira en torno á poesía queremos deixar aquí unha mostra da súa arte:

Hablo de la infancia



Escalera crujiente,
trozo de bosque organizado
por el que ir hasta la cumbre
de aquel desván lleno de sueños,
pájaros silenciosos
que viajan sin ruido.
Sobre ti estaba el premio
cubierto por el polvo
y lo muerto vivía
para mí, en mis ensueños.
Hogar sin sótanos,
todo aquello era hermoso
porque estaba creando su recuerdo;
viviéndote, sentía
que de algún modo ya te recordaba.
Y siempre que te acercas
entre la niebla, oigo
cómo se queja suavemente,
enmohecido por las lluvias,
el pesado cerrojo de una verja.
La del jardín acaso.


E se vos gustou, podedes pinchar neste enlace para ler moitos máis. 

martes, 10 de decembro de 2019

VISÍTANOS O POETA MARIANO DURÁN

Ola rapaces!
Hoxe tivemos unha xuntanza do Club de Manga e Poesía moi especial. Tivemos a honra de contar connosco cun verdadeiro poeta, o profesor xa xubilado deste centro Mariano Durán, do que Emilio fixo a presentación como "o último Leonardo". 
Ademais de ser un dos mellores profesores de Física e Química que tivemos durante máis de 20 anos, Mariano ten publicados dous poemarios. 

Hoxe estivo compartindo con nós a lectura de textos do seu segundo libro de poemas, Radiografía bárbara. Tamén departiu amigablemente respondendo a todas as nosas preguntas. Grazas ás súas respostas, enterámonos que o gusto pola poesía lle vén dende os 13 ou 14 anos coa lectura e as clases de literatura dos seus profesores do IES Concepción Arenal. Comezou a escribir por entón, e xa non parou. Pero ía gardando timidamente no caixón as súas creacións ata que, logo da súa xubilación, animouse a compartilas. Soubemos tamén que os seus poetas favoritos son Juan Ramón Jiménez, Luis Cernuda, Rimbaud, Rainer Mª Rilke, e os clásicos Propercio e Catulo, dos que traduciu algúns textos, ademais de moitos outros. Tamén que lle gusta escribir de todo, do amor, da dor, do paso do tempo...

Dedicounos dous exemplares do seu libro, un para o Club de Poesía e outro para o Obradoiro de Microescritura. 
Grazas Mariano polo teu tempo e polos teus versos!