2º ESO: A gruta da torre de Luis Torres, que desenvolve unha historia ambientada en Ribadeo. Gustoulles moito esta lectura e pronto empezaremos co A balada dos unicornios de Ledicia Costas. 3º ESO, 4º ESO e bacharelato: Hoxe tivemos a sesión sobre Lúa Nova de Irene Montero. Para estes últimos estamos a preparar unha bonita sorpresa que vai ser a visita da escritora que nos vai a contar en quen se inspirou para o personaxe de Lúa Longoria, a pianista cega que busca a plenitude da existencia e a súa independencia. A nova lectura será A cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre.
No Club de Novela Gráfica tivemos dúas sesións de Un saco de canicas de Joseph Joffo, versión de banda deseñada por Kriss e Vincent Bailly.