venres, 31 de xaneiro de 2020

CONCEPCIÓN ARENAL PONTE

Ola rapaces!

Concepción Arenal Ponte, naceu en Ferrol, tal día como hoxe 31 de xaneiro do ano 1820.

Esta prolífica muller foi diplomada en Dereito, xornalista, feminista, poeta, autora dramática e de zarzuela. A súa extensa formación deu lugar a unha polifacética obra. A este respecto, cóntase a anécdota de que foi a primeira muller en asistir ás aulas da univesidade en España pero vestida como un home. Lendas a parte, era unha muller inqueda e de gran temperamento que se interesou polas cuestións sociais do seu tempo, en concreto pola situación da muller nos presidios; por este importante labor de asisitencia é nomeada Visitadora de prisións en 1864, ano en que retorna á Coruña.

En posteriores entradas iremos aportando outros datos de interese. Hoxe deixamos un vídeo para informar sobre a súa figura.

xoves, 30 de xaneiro de 2020

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Ola rapaces!
Con motivo do nacemento de Castelao, hoxe celébrase tamén o Día da Ilustración. Os interesados poden consultar a entrada que, por este motivo, fixemos no blog de Dinamización.
Tamén vos queremos indicar que no edificio da Biblioteca e Archivo de Galicia da Cidade da Cultura pode visitarse unha exposición sobre o ilustrador homenaxeado este ano, titulada: "Cándido Fernández Mazas: signos de quimera" , organizada pola Biblioteca de Galicia.
Cartel da exposición na Biblioteca de Galicia
Sería bo que aproveitaramos para achegarnos á obra do xenial rianxeiro, ademáis de outros moitos ilustradores. 
Deixámos aquí o cartel do Día da ilustración con diversas iniciativas para celebrar a xornada. 

GUÍA DE LECTURA PASOS POLA PAZ

Ola rapaces!
Hoxe 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Este ano estivemos a facer unha reflexión sobre a necesidade de que non nos quedemos únicamente no terreo dos desexos ou dos soños,  se non que todos nós podemos dar pequenos pasos para lograr esta meta. Durante a semana traballamos sobre este tema, e na semana próxima faremos unha entrada contando polo miudo como nos foi. Pero non queremos que pase esta xornada sen poñer no blog a guía de lectura que fixemos para recomendar algún libro que nos axude á reflexión sobre a Paz.

martes, 28 de xaneiro de 2020

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2020

Ola rapaces!
Deixámovos o calendario das datas sinaladas relacionadas co libro e a lectura que publica a Rede de Bibliotecas de Galicia.

mércores, 15 de xaneiro de 2020

NOVA SESIÓN DO CLUB DE POESÍA

Ola rapaces!
Onte tivo lugar a sesión do Club de Poesía, correspondente ao mes de xaneiro. Demos a benvida de novo a Sara e contamos coa visita dalgúns invitados, como Javi. Cadaquén deu lectura aos seus poemas seleccionados. E debo dicir que houbo un pouco de todo pero que o conxunto resultou moi enriquecedor. 
  • Pilar leunos "No volveré a ser joven" de Jaime Gil de Biedma, que tamén puidemos escoitar na voz de Loquillo.
  • Daniela seguiu co seu poeta de cabeceira, José Martí, ao que se sente moi ligada dende a súa infancia pola súa orixe cubana. Leunos "Yo soy un hombre sincero" e tamén o escoitamos en versión de Pablo Milanés.
  • Sara trouxo unha novidade, o libro de Eme: La revolución de los sentidos (Ed. Punto Rojo) do que compartiu o texto titulado "No al bullying".

  • Manuela elixiu "La tumba y la rosa" de Victor Hugo, plenamente romántico.
  • Javi escolleu, da escolma de Poesía Salvaxe, varios títulos: "Tinta" de David González, "Wheeping sound" de Deborah Vukusic.
  • Sergio recitou "Que é para ti a poesía?" de Carlos Negro.
  • Raquel trouxo de Joaquín Sabina, "Cuerpo, corazón y deseo".


Terminamos vendo vídeos de Alejandra Martínez de Miguel, en concursos poéticos callejeros de Madrid como Poetry Slam Madrid



E tamén nos gustou moito o televisivo César Brandon como, por exemplo, recitando "Cero".


Tamén caldeamos as próximas visitas de poetas como Guillermo Ferrández ou Karlotti, coa lectura dalgúns dos seus poemas.

Por último, Sara emociunounos a todos lendo algunhas das súas creacións. Aquí hai madeira!

Coma sempre, despedímonos cun texto: o de Jaime Gil de Biedma pertencente ao poemario Poemas póstumos:


Que la vida iba en serio

uno lo empieza a comprender más tarde ­
como todos los jóvenes, yo vine
a llevarme la vida por delante.



Dejar huella quería
y marcharme entre aplausos ­
envejecer, morir, eran tan sólo
las dimensiones del teatro.



Pero ha pasado el tiempo
y la verdad desagradable asoma:
envejecer, morir,
es el único argumento de la obra.



sábado, 4 de xaneiro de 2020

CENTENARIO DE GALDÓS

Ola rapaces!
O día 4 de xaneiro de 1920 faleceu en Madrid don Benito Pérez Galdós. Este ano que iniciamos, por tanto, celebramos o centenario do seu pasamento. 2020 será o ano Galdós. Será lóxico e saudable que no noso blog o lembremos como merece. Propoñemos ir colgando algunhas entradas sobre o gran novelista canario no que recomendaremos algúns dos seus textos. E tamén que dende a biblioteca e o Departamento de Lingua Castelá e Literatura queremos adicarlle atención. De xeito que a súa vida, longa e laboriosa, e a súa obra (novelas, Episodios Nacionales, teatro...) remate por ser un pouco máis coñecida para a comunidade escolar.


Polo de pronto, non podemos senón comezar recomendando a visita dunha magnífica exposición que a Biblioteca Nacional, Acción Cultural Española e o Gobierno de Canarias, organiza sobre don Benito.

Co título de "La verdad humana", dita exposición fai un percorrido xeral sobre algúns dos aspectos máis salientables da súa biografía. A súa infancia e adolescencia en Canarias, a súa chegada a Madrid, as súas viaxes por Europa, o seu contacto co periodismo, Galdós e a política, Galdós e Santander, Galdós e as relacións amorosas, Galdós e o Nobel, Galdós e o teatro... 


Para rematar, na exposición coméntase tamén a fecunda pegada que deixa o noso escritor na novelística contemporánea e no cine. Varios escritores actuais (Andrés Trapiello, Almudena Grandes, Care Santos, Elvira Lindo..) graban uns vídeos que se poden escoitar sobre a súa recoñecida influencia nas súas respectivas obras.

É esta a perfecta ocasión para ver un nutrido grupo de cadros, (algúns do propio escritor), debuxos, fotografías, primeiras edicións, manuscritos, etc que dificilmente poden xuntarse.

Lectores do Sofía, non deixedes de achegarvos a, con permiso de Cervantes ao que tanto admiraba, o grande novelista da nosa lingua!