sábado, 22 de xuño de 2024

UNHAS MENINAS POSIBLES

 

Ola rapaces, 

Xa preto de rematar o curso, algúns profes queren compartir con todos os seus traballos. 

Poñemos aquí o texto da introdución feita por Emilio, da publicación realizada en Proxecto Competencial, un de cuxos volumes xa temos na nosa biblio.

"Finalizado este curso 2023-2024 de Proxecto Competencial que tivo por fío condutor As Meninas, xuntamos aquí as últimas actividades desta materia optativa. Despois de empezar aprendendo do cadro de Velázquez, de investigar a súa pegada na historia da arte (Picasso, Equipo Crónica, Manolo Valdés,…) e de transitar por un roteiro imaxinado para un Canido ben real da man amable de Edu Hermida, rematamos deseñando unhas cantas Meninas posibles, ben feitiñas (as máis delas). 


Como o traballo colaborativo é transversal  e seu, velaiquí unha montaxe combinable dos coloridos e moi diversos resultados. E como addenda, uns pequenos relatos inspirados.


Grazas a todos: Melany, Diego, Miriam, Noelia, Daniel, Eric, Iria, Laura, Manuel, Junshan, Aroa, Pablo, Yasmine, Lara, Lois, Pablo II e Roi."

venres, 21 de xuño de 2024

TRÍPTICO DE LECTURAS PARA O VERÁN

Ola rapaces!

Como cada ano por estar datas, a biblioteca os mostra un tríptico coas recomendacións de lectura para non deixar de ler durante as vacacións.

Boas vacacións para todos!

tríptico 2004





mércores, 19 de xuño de 2024

FERROLÁS SEN MÁSCARA

 Ola rapaces!

Estamos contándovos as noticias de final de curso. Aquí queremos mostrarvos o enlace a web "Ferrolás sen máscara" que resume o traballo realizado en Proxecto Competencial polos alumnos de 4º B e C sobre a pegada das mulleres ferrolás na cultura e na arte.

Nesta web creada por Nerea, Martín e Hugo podedes ver o proceso do seu traballo, os xogos, vídeos e os podcast coas entrevistas con Henrique Dacosta, Orlando Jara, Manuel Pita e Carmen Cuesta. 

Xa falamos un pouco do seu proxecto na entrada do Día da Muller. Aquí temos o traballo final que merece todos os parabéns para estes rapaces: Nerea, Martín, Hugo, Inés, Esther, Erika, Inés, Adela, Carlota,Alicia, Aurelio, Adrián, David, Rubén, Andrea, Sofía ,Laura, Yassine, Pablo, Saúl, Nourdine, Antón, Lola, Thien, Noa, Diana, Aldana, Imane, Hugo, Mario, Noel, Mario. E para a súa profe, María José.

Aquí tedes o vídeo resumo do traballo.



martes, 18 de xuño de 2024

TRABALLO INTERDISCIPLINAR SOBRE AS SINSOMBRERO

Ola rapaces!

Queríamos comentarvos o traballo interdisciplinar realizado polas alumnas e os alumnos de 4º de ESO durante este 3º trimestre sobre “As Sinsombrero”, as mulleres da Xeración do 27.

Traballouse de maneira interdisciplinar nas áreas de Lingua Castelá e Literatura con Daniel, Lingua Galega e Literatura con Lucía, e Dixitalización con Marta.

O obxectivo foi reflexionar sobre o papel activo da muller nos ámbitos culturais, artísticos e de pensamento nas décadas de 1920 e 1930, o seu olvido premeditado durante o réxime de Franco e a revalorización do seu labor.

Todo o montaxe cos vídeos e presentacións podedes disfrutalo nestes dous enlaces google site e en canva

Parabéns aos profes e ao alumnado polo seu esforzo!

xoves, 13 de xuño de 2024

COMIDA DE DESPEDIDA DOS CLUBS DE LECTURA E ROTEIRO SOBRE CINZA

 Ola rapaces!


O pasado martes tivemos un dobre evento na biblioteca. Despedimos o curso cunha comida cos alumnos da ESO, preparada con agarimo por Gloria. Logo de facernos fotos de grupo, xuntámonos na biblio para  falar da nosa experiencia durante este curso. Algúns rapaces sacaron libros para o verán.



Cos rapaces de Bacharelato (e algúns da ESO) percorrimos un roteiro tralas pegadas da novela gráfica Cinza, lida meses antes e comentada co seu autor, Xavier Alcalá. Dani explicounos algúns aspectos dos espazos da novela tan fielmente ilustrada por Manel Cráneo. 

Visitamos o Instituto Concepción Arenal decatándonos das semellanzas entre as ilustracións e a realidade: a portada, cunha profesora asomada a fiestra, o corredor das aulas, a entrada aos seminarios. Tamén visitamos a biblioteca que na época da novela era a capela do instituto.


Logo camiñamos pola praza de España comparándoa coa vella, 


Nos achegamos a praza de Armas lembrando o posto de patatas e churros de Bonilla


Na praza de Amboage disfrutamos mirando a casa familiar do protagonista e narrador, una casa modernista de Rodolfo Ucha que aínda se conserva. 


Rematamos nas rúas do Esteiro, lugar doutras aventuras. Voltamos ao noso instituto, coñecendo mellor a cidade, tantas veces transitada, sabedores agora que a compartimos con artistas que la amosan nos seus textos e nas súas imaxes. 


martes, 4 de xuño de 2024

TEATRO NO IES SOFÍA CASANOVA

Ola rapaces!

Seguimos contándovos actividades feitas polos compañeiros neste final de curso. Agora falamos dunha obra de teatro escenificada polos rapaces de 1º de ESO do grupo de Teatro do Sofía dirixidos por Rosa e Marta.


A obra foi representada no Teatro Jofre ante os seus compañeiros e ante rapaces do IES Concepción Arenal. 

Tratábase dunha selección destas pezas teatrais: O Valo de Carlos Labraña, Mamasiña que medo de Chus Pereiro, Brinquemos o Teatro de Euloxio Ruibal, Carabela de Paula Carballeira, Unha estrela para Amina de Celia Díaz Núñez e Esceas de Fernando Soto.


Os nosos actores foron:

  • Mar: presentadora 
  • Lara: refuxiada
  • Sebas: soldado
  • Ada: Colombina
  • Gerard: Arlequino
  • Miguel: Pierrot
  • Noa: Amina
  • Inés: Sally
  • André: profesor 
  • Adrián: alumno
  • Laura, Alex e Antón: os tres youtubers 
  • Sabela: Carabela
  • Iria: nena de plástico 
  • Lois: Paxaro Choromicas
  • Álvaro: Peixe Mutante
  • Víctor: Morcego
  • Uxía: Celidonia
  • Aroa: Chincha
  • Lara: Chincheta
  • Matías: Mecánico


Parabéns, rapaces! Sodes uns artistas.





domingo, 2 de xuño de 2024

CONCURSO POESÍA E IMAXE 2024

Ola rapaces! Queremos compartir convosco os debuxos dos nosos alumnos que participaron no concurso anual do nostro Concello Poesía e Imaxe.


O gañador foi Eloy Fernández Núñez de 1º ESO C. Parabéns. Encántanos o teu deseño dun poema de Luisa Villalta!
 


Tamén queremos felicitar ás finalistas Lucía e Mara de 3º ESO C que se inspiraron nun poema en lingua maia e outro en lingua inglesa.