luns, 30 de setembro de 2019

UN ROTEIRO CON ALFREDO CONDE

Ola rapaces!
Esta fin de semana, algúns profesores do instituto (Teresa, Emilio e Pilar) participaron nun roteiro literario sobre Alfredo Conde en Allariz. 
O propio escritor estivo connosco e percorremos a súa vila natal lendo anacos das súas obras. 
Amablemente o novelista alaricano asinounos un exemplar de súa obra: Xa vai o Griffón no vento, o que será un fermoso recordo: 

"Para o Instituto Sofía Casanova, que seguro que fai honra do nome que o distingue: Alfredo Conde. 
Allariz, 28/set/19".




  1. Anímovos a ler calquera  das súas obras que podedes atopar na nosa biblio. Deixo aquí un listado delas:
  • Osos de santo.
  • Chovida do ceo.
  • Memoria de Noa.
  • Breixo.
  • Azul Cobalto
  • Mementos de vivos...
Vémonos!



mércores, 25 de setembro de 2019

1º REUNIÓN DOS CLUBS DA BIBLIOTECA

Ola rapaces!
O vindeiro martes día 1 de outubro teremos a primeira reunión de todos os clubs da biblioteca, durante o primeiro recreo. Informaremos de todas as iniciativas para este curso. Aquí deixamos o cartel que veredes tamén nos corredores do instituto.

luns, 23 de setembro de 2019

BENVIDA A UN NOVO CURSO

Ola rapaces!
Un ano máis queremos saúdarvos nestes días iniciais e darvos a nosa máis cálida benvida a un novo curso escolar que sempre é unha páxina en branco.
Dende a biblioteca, eu Socas, quero animarvos a encher este libro de fermosos versos. E falando de versos, xa vos anuncio que a temática da tempada no noso Club de Lectura vai ser precisamente iso, versos, é dicir, lemos poesía. Ben, non?
O caso é que moi pronto convocaremos a nosa tradicional xuntanza informativa de tódolos clubs (aínda que sei de boa fonte que os de Escritura xa comezaron... Mi madriña, canto entusiasmo!)
Estade atentos, rapaces... imos despegar...
SOCAS