luns, 28 de outubro de 2019

CELEBRANDO O DÍA DA BIBLIOTECA COS MAIORES

Ola a todos! Como o prometido é débeda, temos que falar aquí da actividade do pasado mércores, no que o grupo de voluntariado, máis grande que nunca, reuniuse para celebrar cos maiores o Día da Biblioteca.
Temos que dar a benvida a un montón de xente nova: ás catro rapazas de 2º B, aos de 3º, ás 3 de 4º, ás dúas de 1º de BAC, e por suposto, agradecer a todos os veteráns que sexan tan fieis coma sempre.
Os preparativos da actividade foron como sempre: almorzamos xuntos e aproveitamos para presentarnos e falar da distinción do Selo de Bibliotecas Escolares Solidarias. 
        Logo repartimos tarefas. Uns ensaiamos os textos de Jorge Luis Borges; outros cortamos plumas para a maqueta das ás que levamos. Coas ás queríamos representar a idea que contén a frase de Borges sobre a lectura como forma de voo.

O tempo que estivemos cos maiores pasou moi deprisa. Andrea fixo as presentacións. Alba, Nerea, Paula, Alba, Lucía e Catuxa leron os textos. O resto axudamos aos anciáns coas súas plumas. Cada un puxo o que quixo nela: uns os seus nomes, outros os seus libros favoritos. 
Todos charlamos con eles. 
E así pasou a nosa primeira sesión do voluntariado externo deste curso. 
Grazas a todos por vir! Vémonos na vindeira!

xoves, 24 de outubro de 2019

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

Ola rapaces!
Hoxe 24 de outubro celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Biblioteca. E, como non podía ser doutra maneira, desde aquí querémolo lembrar.
Debo recoñecer que non sabía o motivo desta data, por que o 24 de outubro e non calqueira outro día? Dende cando se viña celebrando?
Internet veu no meu auxilio, documenteime e así volo conto. En 1992 resulta que foi queimada a Biblioteca Nacional de Sarajevo, no marco do terrible conflito dos Balcáns. Neste incendio perdiuse non soamente uns milleiros de follas, constituiu un auténtico memoricidio. A imaxe do músico Vedran Smailovi tocando o violonchelo entre os escombros do fermoso edificio quedou como símbolo desta sinrazón. Por iso, dende o ano 1997, cada 24 de outubro celebramos en todo o mundo o Día Internacional da Biblioteca.
Nosoutros quixemolo celebrar cos maiores da residencia DomusVi, pero desto falaremos outro día. 

O ano pasado unimos esta celebración á figura do escritor Federico García Lorca e tomamos as súas palabras do discurso de inauguración da Biblioteca do seu pobo Fuentevaqueros.
Este ano, aproveitando o 120 aniversario do seu nacemento, collimos prestadas as palabras de Jorge Luis Borges nun artigo de EL PAÍS (9-X1985). Aquí deixamos unha imaxe do cartel que vai adornar os corredores do instituto:
"Hay quienes no pueden imaginar un mundo sin pájaros; hay quienes no pueden imaginar un mundo sin agua; en  lo que a mí se refiere, soy incapaz de imaginar un mundo sin libros".


mércores, 23 de outubro de 2019

DÍAS DAS BIBLIOTECAS

Ola rapaces!

O 24 de outubro como cada ano celebramos o Día das Bibliotecas con unha actividade do voluntariado cos maiores da residencia Domus Vi, Estamos a preparar algo fermoso.

Deixamos aquí o cartel da reunión do equipo do voluntariado da biblioteca. Procuraremos seguir a informar do acontecido na reunión para celebrar este Día das Biblioteca. Como cada ano poñeremos información nos corredores do instituto.


sábado, 12 de outubro de 2019

PRIMEIRA XUNTANZA DOS CLUBS DE LECTURA E MANGA

Ola rapaces!
O pasado martes 8 de outubro realmente comezamos a nosa andaina deste curso. Xuntámonos a comer (uns na biblioteca, outros na cafetería). Logo os de Manga fóronse con Vily. Parecéunos que cada vez son máis, pero diso falarán eles no seu propio blog. Os do Club de Lectura quedamos na biblio. Non somos moitos, pero aínda así estamos moi felices de dar a benvida a Sergio e a Raquel, as novas incorporacións. Confiamos en ir medrando paseniñamente. E por suposto, encántanos a volta de Eva.
A noticia é que este curso as nosas inquedanzas van ser dobres: 
  • Por un lado, leremos poesía.
  • Por outro lado, falaremos de cine.

Así que dende aquí anunciamos que a temática deste ano é "CINE E POESÍA" ou "POESÍA E CINE". Dous temas tratados por separado, é dicir, non falaremos de "A poesía no cine" nin de "O cine na poesía". 
A dinámica este curso vai ser diferente das doutros. Polo que non fixamos aquí unha lista de lecturas mes a mes, como faciamos. Cada xuntanza leremos poesía, de diversos autores, dos que cada quen teña a ben escoller. E logo falaremos das películas que nos gustan.
Comezamos o pasado martes coa lectura, elixida por Emilio dun poema de José Manuel Caballero Bonald: "Verdad poética" sobre o mito de Narciso, o que  nos deu moito xogo para falar de mitos, de cadros, de poetas...
Hoxe nos despedimos así, co poema, que pode ser mellor?


Verdad poética

Adolescente de livianos lazos,

lienzo de luna, pétalo impoluto
que cruza el arenal, cruza el exiguo
lindero de los acebuches,
llega al vidrioso estanque,
y allí precisamente,
cuando se inclina para verse a solas,
hace su aparición el asesino.

Sangre junto al tupido seto

de arizónicas, sangre
por los rezumaderos de los caños
y en la huraña ruina
del fortín y en la playa acosada
de pájaros y larvas y alacranes.

¿De quién la transitoria furia,

qué se hicieron
aquellos vengadores? ¿Soy yo acaso
el que oyó las aladas palabras de Tiresias?

-El asesino que buscas eres tú.
Empieza a ser verdad mientras lo escribo.

venres, 11 de outubro de 2019

CONCESIÓN DO SELO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS

Ola rapaces!
Non sei onde teño a cabeciña. Pois aínda non comentamos aquí a noticia do verán. A concesión a nosa biblioteca do Selo de Biblioteca Escolar Solidaria que nos otorgou a Xunta.
Como isto acadeu no medio das vacacións estivais, non tivemos tempo de falarlo. E logo con todo a balbordo do inicio do curso, esquecéuseme.
Pero aquí vai a boa nova. Somos unha das poucas bibliotecas que teñen este recoñecemento oficial. E devo dicir que este premio é voso. Realmente é unha honra tervos a vós, os nosos voluntarios: os internos que colaboran no funcionamento día a día dos servizos; e os externos, que acompañan aos maiores coas súas fermosas visitas ao xeriátrico.
E que isto nos sirva para medrar aínda máis no noso compromiso de facer a biblioteca do noso IES na casa común de todos, de dentro e de fóra do centro.
GRAZAS