Onte morreu un escritor dos que sempre estaba nas listas dos máis lidos e emprestados da nosa biblioteca. Xabier P. Docampo, ao que debemos historias tan fascinantes coma
Xa está aquí o tríptico de verán no que vos recomendavos lecturas para este tempo de lecer. Este curso, Vily rompeu a cabeza para cadrar as suxestións de tantos colectivos como temos. Así que aparecen recomendacións de:
Alumnos.
Profesores (Daniel Iglesias).
Club de Lectura de Adultos.
Club de Lectura xuvenil de novela histórica.
Club de Voluntariado da biblioteca.
Club de Lectura xuvenil romántica.
Club de Ciencias.
Os correspondentes.
Club de Manga.
Cómics.
En galego.
Letras Galegas 2018.
Aniversarios.
Deixáronnos este ano.
No propio tríptico hai un código QR no que podedes ler as reseñas de cada libro pois enlazan coa páxina "Socas recomenda" de este mesmo blog.
Así que xa non tedes excusa para decir. "E que non sei que ler este verán".
Hoxe estou aquí para falarvos dun artigo que Vily e Pilar publican na revista EDUGA (Revista Galega do Ensino), nº 75. Nel fan un resumo do noso proxecto de Voluntariado. Cóntannos como xurdiu a idea, como foi fraguándose o proxecto, como contribúe á consecución das competencias básicas da ESO.
Acompáñase cunha selección de fotos das nosas actividades e cun anexo sobre películas e libros que falan dos nosos maiores.
Hoxe quería recordarvos que acabamos de mercar un bo lote de cómics do máis actuais e que próximamente chegarán os mangas. Están a vosa disposición para o préstamo de verán.
Deixovos unha lista. Dalgúns de eles próximamente os ampliaremos información porque aparecen na nosa páxina "Socas recomenda".
Onte foi a nosa súper festa das tartas literarias coa que tradicionalmente despedimos o curso na biblioteca. Todo resultou xenial, agás a lesión de Vily que a impediu acudir coa súa tarta-cofre do tesouro.
Esta vez éramos moitos e un pouco ruidosos de máis. Como nos xuntamos de todos os clubs: novela histórica, voluntariado, Manga, obradoiro de escritura e, máis, teatro, aquilo case foi moito. E Pilar a piques de morrer. Menos mal que as vacacións están ás portas.
O dito. Foi xenial. Pero o mellor resumo o fixo Estela do club de voluntariado nas súas palabras de whatsap, que me permito copiar aquí:
"Me encantó formar parte de este club, gracias por las nuevas experiencias, por todas las cosas que aprendimos... En este poco tiempo ya nos hemos hecho una familia donde todos buscamos ayudar a la gente y sobre todo a las personas de la tercera edad. Me gustó mucho las actividades que hicimos, ya que en cada visita conseguíamos pasarlo todos bien. También nos habéis demostrado que con hacer algo simple y pequeño puede hacer que aprendamos mucho y podamos pasar un rato divertido. Muchas gracias a Vily y a Pilar por estar dispuestas y tener tantas ideas para hacer y sobre todo por querer pasar vuestro tiempo libre con nosotros haciendo estas actividades."
Grazas a ti, Estela, por poñer verbas aos sentimentos de todos.
Como cada ano, xa está a vosa disposición a nova edición do noso Boletín de Novas Adquisicións. Nel podedes comprobar todos os fondos que fichamos este curso na biblioteca, tanto procedentes de doazóns como de adquisicións. En total son case 800 que se reparten entre libros e películas.
O comezo das vacacións é o momento idóneo para botar unha vista atrás e ver o que fixemos. Aproveitar a sacar libros para o verán.
Como cada ano, rematamos o curso cunha festa moi doce. E que xa vai pola súa VIII edición. A nosa Festa das Tartas é xa un clásico e nos trae, ademáis da súa dozura, un regusto a fin de curso, a verán. Despedimos o curso, avaliamos o noso labor. E damos tamén así a benvida ao tempo de lecer, que desexamos sexa tamén tempo de ler.
Non esquezades traer a vosa tarta, bica, galletas, bizcoito, filloas, cup cakes, gofres, flans, bombóns... Sorprende aos teus compañeiros co teu arte reposteiro.
Hoxe, como colofón ao noso primeiro curso dentro do programa de voluntariado, asistimos á representación que os compañeiros do Grupo de Teatro fixeron en Geriatros.
Foron acompañados por moitos dos voluntarios que axudaron en todo canto fixo falta: presentación, maquillaxe, transporte, fotografías, aplausos...
Dada a premura de tempo, José Luis, o seu director, decidiu facer soamente o terceiro acto da obra Polo interés quérote, Marqués. Os avós acolléronos con moito agarimo e riron co descaro e simpatía dos actores. A todos (aos que son do grupo de voluntariado, a aos que non), queremos dende aquí dar a máis expresivas grazas pola doazón do seu tempo e da súa arte.
Velaiquí o elenco:
Diego como Marqués.
María como a súa nai.
María como a criada.
Pablo como Barón.
Daniela como Gracia.
Andrea como a súa filla.
Iván como electricista.
Sara como aprendiz de electricista.
Arón como vendedor de enciclopedias.
Laura como a porteira.
Javi como o seu neto.
Bastián como presentador.
Aldryn como técnico de son.
Dirixidos por José Luis Paz.
Esperamos que o vindeiro curso voltemos todos con máis ganas tanto ao Grupo de Teatro coma ao voluntariado.
Sabedes que este curso fixemos unha actividade nova que consistiu en ler títulos dunha maleta viaxeira que cedeunos a Asesoría de Bibliotecas Escolares. Tratábase dunha maleta temática sobre matemáticas. Varios profesores deste Departamento traballaron con ela: Gloria, Raquel, Michael. Precisamente Gloria dexounos a opinión de algúns dos seus alumnos.
"Este curso hemos recibido en el centro la “maleta matemática viaxeira” lo que nos ha permitido, todavía un poco más, darnos cuenta de que la biblioteca del centro tiene mucho que aportar a todas las materias del currículo, incluida las matemáticas.
Una maleta cerrada siempre es una sorpresa, y esta lo fue. Un eje común, las matemáticas, muchas opciones de lectura (novela, cómic, pasatiempos, vídeos, historia, etc...) todo al servicio de los alumnos.
La reacción de los alumnos de ESO que pudieron disfrutar de ella fue muy positiva. El hecho de tener una variedad tan grande de libros y formatos hizo que tuviéramos opciones para todos los gustos, incluso para esos alumnos poco amigos de los libros.
Una buena experiencia que espero que se pueda repetir."
O grupo de teatro do instituto que dirixe o profesor Xosé Luís Paz, está composto na súa maioría por membros do club de voluntariado polo que pensamos finalizar, este curso, as actividades do voluntariado da biblioteca, levándolles un acto da obra aos avós da residencia Geriatros. O resto dos membros do grupo temos previsto ler e explicar os actos anteriores para poder seguir o argumento. Esperamos que lles guste ao noso estimado público e deste xeito tan festivo despedirnos ata o próximo curso, que seguro volveremos compartir con eles ilusión, humor e risas.
O pasado xoves, día 7 presentouse un novo libro dun autor ferrolán moi coñecido por todos nós: Henrique Dacosta. No acto falou o noso compañeiro Guillermo Ferrández quen salientou o mundo peculiar do escritor, vencellado ao realismo máxico, que está a conformar un novo imaxinario coa toponimia de O Priorio, Cobas, Canido, Ferrol en definitiva...
O libro titúlase Á deriva, que é o nome do primeiro dos relatos curtos que compoñen esta selección que edita Belagua.
Parabéns a Henrique! Autor que apreciamos moito no Sofía, pois, ademais de estar casado con Victoria, a nosa compañeira, xa nos visitara tempo atrás no Club de Lectura de Adultos coa súa novela, Os desherdados.
Penso que estes relatos poden acompañarnos perfectamente nas tardes soleadas de verán que agardamos.
Xa fai días que quería recoller aquí o traballo feito polos alumnos de 3ºA na súa clase de Lingua Castelá e Literatura. Decoraron as paredes da áula con carteis sobre a vida do noso máis internacional dos escritores, don Miguel de Cervantes.
Completaron o seu coñecemento sobre o autor do Quixote, investigando sobre a súa vida, e melloraron a súa competencia dixital realizando un eixe cronolóxico (en distintos formatos) sobre os feitos máis salientables da sus peripecia vital.
O día 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Dende a biblioteca queremos colaborar co Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e lembrar a necesidade de diminuír o emprego de plásticos que fan moito dano ao medio mariño e terrestre.
Os alumnos de 1º Bacharelato B, coa súa profesora Pilar Berrio, baixaron ao corredor central e decoraron cunhas letras que din "#SinContaminaciónPorPlásticos" ou "#BeatPlasticsPolllution".
O Departamento de Bioloxía preparou uns vídeos que axúdanos a tomar conciencia deste grave problema que nos afecta a todos.
Onte a nosa coordinadora Pilar Berrio, no nome do todos nós, falou das actividades do Club de Lectura nunha mesa redonda: "Estratexias para a selección de lecturas" no marco das XI Xornadas que levan por título Encontro de Clubs de Lectura en Santiago de Compostela.
Estamos satisfeitos de que, deste xeito, se dea visibilidade ao noso itinerario lector de novela histórica que levounos dende a prehistoria, a Roma Clásica, a Idade Media, ao descubrimento de América, a Galicia do XVI, a expedición da variola de 1803 e a Guerra Civil.
Aprendimos moito e queremos seguir viaxando pola historia o curso que vén.
Moitos compañeiros doutros centros felicitáronos e iso incrementa as nosas ganas de seguir a traballar pola lectura e o coñecemento.
O xoves 31 de maio, o grupo de teatro do noso instituto dirixido polo profesor Xosé Luís Paz Rivera, presentou a obra titulada: Polo interés, quérote marqués, escrita por Mari Carmen Martínez. Esta representación encádrase dentro da programación das actividades de conmemoración do Día das Letras Galegas. Queremos felicitar ó alumnado e ó seu director por un magnífico traballo que culminou con dúas actuacións na mañá, para o alumnado do centro e outra pola tarde para as familias. Os aplausos e os parabéns que recibiron todo o día son a proba dun grande éxito. Desde aquí sumámonos a todo o centro no recoñecemento do seu gran labor e animámolos a continuar con forzas renovadas o próximo curso.
Aquí vedes unha presentación con fotos das actuacións.