Ola rapazada!
Onte tivemos a reunión do Club de Novela Gráfica co alumnado de 1º de BAC. Estamos moi ledos porque seguen a animarse máis rapaces, como Sara.
Leramos Harley Quinn. Cristales rotos, unha versión do personaxe do universo Batman que se deu a coñecer no volume 7 da saga, e que debemos ao xenio de Mariko Tamaki e a ilustración de Steve Pugh.
A historia comeza coa chegada da rapaza a Gotham para vivir coa súa avoa. Pero a súa vida está destinada a cambiar porque se atopará soa. Coma unha carrapuchiña vermella haberà de enfrontarse ao Joker, o auténtico lobo. Pero coñecerá unha drag queen, Mamá, que lle servirá de leñador.