Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de febreiro de 2026

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA NO CONCELLO

Ola, rapazada!

O pasado martes, día 24 de febreiro, o noso instituto foi convidado polo Concello de Ferrol a participar na celebración do Día de Rosalía, conmemorado o 23 de febreiro, coincidindo co 189º aniversario da nosa poeta máis internacional.

O acto institucional incluíu unha conferencia da profesora Ángeles Seoane, quen nos achegou á personalidade e á obra dunha autora que segue a sorprender pola súa modernidade. A xornada completouse coa lectura dalgúns dos seus poemas, acompañada pola música do dúo Rosas, que puxo o broche artístico ao encontro.


A intervención do alumnado abriu o recitado. Participou alumnado de 3º ESO A e B, que deu voz aos poemas I, V e XXXV de Cantares Gallegos, recitados por Lois Martínez, Mariela Vilariño e Noa Seoane e Alicia Jove, respectivamente. Continuouse con "Pelouro que roda", por Xoel Vázquez; "De balde…", por Eyden Vázquez; "Orelas do Mondego", por Sebastián Bulai; "Estranxeira na súa patria", por André García e Inés Ártico; e, por último, "Tecín soia a miña tea", por África Fernández.

A continuación, a corporación municipal e as persoas convidadas tamén recitaron fragmentos de diversos poemas da autora.


E ata aquí a nosa pequena contribución para conmemorar o Día de Rosalía e seguir dando a coñecer unha figura imprescindible da nosa literatura.

Porque Rosalía non é pasado: é voz viva, é conciencia crítica e é emoción que segue a falarnos hoxe.

venres, 8 de marzo de 2024

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

Ola rapaces! 

Para conmemorar o aniversario do nacemento da nosa poeta o venres 23 de febreiro dúas alumnas de 4º da ESO, Inés Perez e Inés Santalla, musicaron con voz e violonchelo tres poemas de Rosalía: "Alborada", "Daquelas que cantan" e "No ceo azul crarísimo".

Como pano de fondo para a actuación alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º prepararon un mural con motivos biográficos da autora e versos dos seus poemas. Especialmente fermoso foi o xogo de palabras coa rosa e as letras "lía".



Ademais algúns rapaces de 2º e 3º prepararon vídeos recitando poemas da súa obra.





Aquí tedes algúns vídeos das cancións das dúas Inés.




Que beleza que todas as artes conflúan, conmemorando a nosa gran poeta!


domingo, 5 de marzo de 2023

O DÍA DE ROSALÍA

 Ola rapaces. 

Como todos os anos, no centro celebramos o 24 de febreiro, Día de Rosalía. Un grupo de alumnos de ESO e de Bacharelato, uníronse á celebración participando coa proposta da AELG.



O lema foi "Cumpriuse a xustiza". A actividade consistía en escoller ou recrear poemas de Rosalía acompañados de fotos actuais de guerras, catástrofes, vulneración de dereitos humanos...

Os poemas deberían responder á pregunta "Que diría Rosalía?"

Os traballos expoñense no corredor principal do centro. Dende o blog da biblioteca mostramos algunhas imaxes. Podemos ver como os textos da autora aínda poden ter vixencia. Comunícanos o seu contundente rexeitamento ante calquera inxustiza que golpea á humanidade. 



Parabéns, rapaces, polo voso traballo de profundización nuns textos que poden aínda conmovernos!



luns, 1 de marzo de 2021

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Ola compañeiros!
Este curso 2021-21 debido ás restricións impostas para o desenvolvemento das actividades lectivas, seguido as instrucións do protocolo Covid do centro, desde os Departamentos de Orientación, Dinamización Lingüística e da Biblioteca facemos unha proposta de actividade para levar ás aulas.
1º- 2º da ESO.
Para os primeiros cursos da ESO, introducimos ó alumnado no mundo de Rosalía por medio vídeos como este:
2.- ESCOITAMOS:
Algúns poemas de Roslalía de Castro  musicados por distintos autores como Luz Casal, es a súa versión de 
Negra Sombra. Tras escoitar a letra atentamente, podemos completar con frases os espazos en branco das imaxes das notas musicais, que deixamos a disposición dos titores en fotocopias , na mesa da entrada do centro. Unha vez que o alumnado poña algún verso nesas notas musicais compoñeremos un mural cun pentagrama simbólico na entrada do instituto.
3º-4º da ESO.
1.- Facer un vídeo con imaxes libres que expresen con imaxes a mensaxe ou o texto dalgún dos poemas musicados de Rosalía de Castro.
-RECURSOS SON DOS POEMAS MUSICADOS
Adiós ríos, adiós fontes (Rosalía de Castro - Luis Emilio Batallán)
Airiños, airiños aires (Rosalía de Castro - Prudencio Romo)
Campanas de Bastabales (Rosalía de Castro - Amancio Prada
Cando era tempo de inverno (Rosalía de Castro - Amancio Prada)
Corre o vento, o rio pasa (Rosalía de Castro - Amancio Prada)
Negra sombra (Rosalía de Castro - Xoán Montes)
Vamos bebendo (Rosalía de Castro - Amancio Prada)
https://www.cancioneros.com/nc/17506/0/adios-rios-adios-fontes-rosalia-de-castro-luis-emilio-batallan
        REPOSITORIOS DE IMAXES LIBRES DE DEREITOS
Lembramos a necesidade de empregar imaxes libres de dereitos e facer constar nos vídeos a autoría da música ou audios que empreguemos para facer o noso vídeo.
https://pikwizard.com/ http://compfight.com https://pixabay.com/es/
https://picjumbo.com/ https://burst.shopify.com/
Aquí deixamos imaxes e vídeos da actividade.