Amosando publicacións coa etiqueta Xosé Neira Vilas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xosé Neira Vilas. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de marzo de 2025

XUNTANZA DO GRUPO DE NOVELA GRÁFICA DE 1º E 2º DA ESO

 Ola rapazada!

O pasado mércores 19 tivemos unha nova xuntanza da sección dos pequenos do Club de Novela Gráfica. Coa incorporación de Valentina, o grupo vai medrando.


Lemos a versión en banda deseñada do clásico da literatura galega Memorias dun neno labrego, publicado en 1961 en Arxentina por Xosé  Leira Vilas. A dura existencia de Balbino está adaptada e ilustrada por Iria Aldegunde dun xeito espléndido.


Algunhas rapazas lembraron a vida rural dos seus maiores, para outras a historia non lles atrapou totalmente xa que a viron afastada da súa vida cotiá, pero os profesores estamos moi ledos da traxectoria desta sección do noso Club. Cada mes nos amosan a súa madureza cos seus comentarios.



Parabéns!