Ola rapaces!
PROXECTO LÓVA
- Inicio
- BIBLIOTECA DO SOFÍA
- IES SOFÍA CASANOVA
- BUSCA UN LIBRO NO SOFÍA
- BUSCAR NA NOSA BIBLIOTECA
- RED DE BILIOTECAS DE GALICIA
- ITINERARIOS LECTORES
- CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
- ADQUISICIÓN EN PINTEREST
- CANAL YOUTUBE
- LEER NO SOFÍA
- GUÍA ALFIN 5
- BIBLIOTECAS VIRTUALES CATÁLOGO ONLINE
- EXPERIENCIAS DE LECTURA NO SOFÍA
- SOCAS RECOMENDA
- CLUB MANGA SOFÍA
- VOLUNTARIADO BIBLIOTECA
- FORMULARIO
- ENQUISA FIN DE CURSO
- SOFÍA DINAMIZACIÓN
- CLUB DE LETRAS
- PROXECTO LÓVA

mércores, 24 de febreiro de 2021
Día da Muller e a Nena na Ciencia
mércores, 10 de febreiro de 2021
CONCURSO DE GREGUERÍAS
Ola Rapaces! Esta volta quería contarvos que na clase de Lingua Castelá e Literatura de 4º ESO C fixemos unha orixinal iniciativa: un concurso de GREGUERÍAS.
Gregue... que? Greguerías. É dicir, como dicía o seu inventor Ramón Gómez de la Serna, unha greguería responde á fórmula:
"metáfora e humorismo".
Unha frase inxeniosa que recolla un xogo de palabras, unha imaxe orixinal e inxeniosa.
Ademais do texto, o concurso pedía facer un debuxo que recollese a esencia da greguería. Todos os rapaces participaron e algúns fixeron verdadeiras marabillas.
A gañadora foi Paola Rivera cunha frase moi actual, nestes tempos de pandemia "Las mascarillas son nuestra segunda piel". E, sobre todo, un gran debuxo, no que demostra as súas dotes de pintora.
Pero houbo moitos outros merecedores do premio. Aquí tedes algunhas mostras.
Parabéns a todos!
xoves, 4 de febreiro de 2021
DÍA DA PAZ 2021
A semana pasada celebramos o Día da Paz, e este curso inmersos como estamos nesta terceira onda da pandemia, afixémonos a empregar nas nosas conversas moitos conceptos relativos á saúde. Neste contexto propuxemos desde os Departamentos de Orientación, Dinamización lingüística e a Biblioteca, construír unha caixa de primeiros auxilios da Paz, en cada aula, con elementos que contribúan a facela realidade na nosa contorna.
Para o traballo nas aulas puxemos a disposición dos titores un cartafol con imaxes libres de material médico, para que o alumnado propoña en cada elemento unha posible medida ou tratamento contra a violencia, por exemplo: Pílulas de boas palabras ou eloxios aos semellantes, apósitos adhesivos para os enfados, termómetros para controlar a ira, inxeccións para aumentar o autoconcepto positivo, máscara para combater os insultos, vitaminas de comprensión, tesoiras para cortar as discusións, etc.
Para a realización da actividade co alumnado deixamos a disposición do profesorado unha serie de vídeos sobre cuestións que afectan á convivencia.
venres, 29 de xaneiro de 2021
CELEBRANDO OS CENTENARIOS
Ola rapaces!
A biblioteca mercou bastantes libros e cómics sobre tres autores e autoras que estiveron recentemente ou están de centenario, dous delas moi vencelladas coa nosa terra. Refírome a Benito Pérez Galdós, do que no 2020 se fixeron 100 anos do seu pasamento; Concepción Arenal, da cal o pasado ano tamén se fixeron 100 anos, pero do seu nacemento en Ferrol; e Emilia Pardo Bazán, da que este 2021 celebramos o centenario da súa morte.
Por este motivo ponemos a dispor do lector curioso obras adicadas a aviciñarnos ás súas persoas ou obras:
- Biografías: As tres principais biografías que temos, moi actualizadas: A de Anna Caballé de Concepción Arenal, Isabel Burdiel da Pardo, e a recente de Yolanda Arencibia sobre Galdós.
- Biografía para nenos: Emilia Pardo Bazán: unha nena seducida polos libros de María Xosé Queizán.
- Cómics: Tres adicados a Galdós.
- Álbum fotográfico coma Las mujeres que leen son peligrosas.
- Edicións das súas obras: Cuentos de amor e Memorias de un solterón da Condesa de Pardo Bazán; Marianela, Tristana, Tormento, Memorias de un desmemoriado do escritor canario.
- Estudios de súas obras: como Galdós novelista, de Leopoldo Alas, "Clarín", o outro grande novelista do Realismo.
- Unidades Didácticas: A escaleira desigual. A condesa rebelde.
Esperamos que sirvan de axuda para que vos aproximedes a estas tres grandes figuras da literatura e do feminismo.
mércores, 27 de xaneiro de 2021
NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA
Ola rapaces!
As sesións do Obradoiro de Escritura e do Club de Lectura están a ter moito éxito. Algúns profesores novos deste curso mostraron a súa curiosidade por les e nos visitaron para coñecernos de primeira man. É o caso do Adrián, profesor de Historia que nos visitou o pasado venres.
Por outra banda, algúns dos nosos participantes xa están a dar bos frutos do seu inxenio. Gabriel, de 1º ESO, xa ten case lista o seu conto, do que esperamos poder dar mostra aiquí.
A poesía non faltou coa lectura de algúns textos de Gloria Fuertes, a nosa poeta universal, que non soamente chegou a ser unha escritora de poemas para nenos, que tamén, coñecida pola televisión. Senón que é unha das voces máis orixinais do panorama feminino da posguerra.
martes, 19 de xaneiro de 2021
BOOKLAPS EN PRIMEIRO E TERCEIRO
Ola rapaces!
Hoxe quería contarvos unha actividade moi bonita que ten que ver cos libros e que realizaron os alumnos de 1º e 3º de ESO na clase de Lingua Castelá e Literatura.
Se trataba de facer un booklap (o libro con solapas) no que se recollesen os principais aspectos dunha obra literaria: argumento, personaxes, marco espacio-temporal, opinión persoal... Pero facelo dunha maneira creativa e artística.
No caso dos rapaces de 1º, a obra era El valle de los lobos, primeira parte da saga de Laura Gallego Crónicas de la Torre.
No caso de 3º, tratábase dunha selección de romances medievais anónimos, o Romanceiro.
A idea xurdiu da profesora do Departamento de Lingua Castelá, Patricia Varela, e foi secundada por outras profesoras, Julia e Pilar, do mesmo Departamento.
E debo dicir que os traballos quedaron moi xeitosos. Sodes uns artistas.
Velaquí unha mostra.
martes, 12 de xaneiro de 2021
OS MAIORES AGRADECEN O NOSO VIDEO
Ola rapaces!
Ante todo, quero pedirvos desculpas porque esquecín felicitarvos o ano novo. Hai que ver! Que imos perdendo os modais!
Quería enlazar aquí, o noso blog, co da Residencia Domus Vi na que faciamos o voluntariado. Os maiores están moi agradecidos ao vídeo de bicos que lles mandamos para o Nadal e dannos as grazas con moito agarimo. Velaquí a súa entrada neste enlace.
E dinnos:
"Sus mensajes están llenos de cariño, sus palabras de ánimo y aliento, y sus besos y abrazos virtuales han logrado emocionarnos y hacer que nos sintamos acompañados y queridos en estas fechas tan entrañables y difíciles al mismo tiempo"
"Desde aquí quisiéramos darles las GRACIAS de corazón a todos/as y cada uno de los/ alumnos/as y profes que han participado en esta gran sorpresa. Gracias por acordaros de nosotros, por hacernos llegar vuestros mejores deseos y vuestro cariño. Gracias por recordarnos lo afortunados que somos por teneros a nuestro lado, y sobre todo por hacernos sentir orgullosos/as de una generación con grandes VALORES y que viene pisando fuerte".
E dicímosvos que as grazas as temos que dar a vosoutros por servirnos de exemplo e estamos desexando que poidamos voltar a facer as nosas visitas doutros anos.
BICOS DE NOVO.