martes, 22 de decembro de 2020

BICOS E APERTAS NO NADAL

 Ola rapaces!
Como cada ano os Departamentos de Actividades Extraescolares, Dinamización Lingüística, Orientación e a Biblioteca fixemos unha proposta conxunta de actividades para decorar a nosa árbore de Nadal. Polo que como outros anos, pedimos a colaboración dos titor@s e profesor@s da ESO.  Neste tempo de pandemia que nos limita o contacto, entendemos que o agasallo que todos desexariamos recibir serían os bicos e apertas dos nosos seres queridos. Con este lema “Bicos e apertas polo Nadal” decidimos completar unhas tarxetas como as da imaxe, que puxemos a disposición dos titores; nelas podíanse engadir.
  • Unha imaxe persoal na que estivesemos bicando ou abrazando a algún ser querido.
  • Una fotografía dun bico icónico dalgunha película, dun cómic, libro ou dunha obra de arte.
  • Un texto describindo unha escea de bicos e apertas dunha película o dunha obra literaria.
Por outra banda, o alumnado que así o quixo, fixo adornos para a árbore en forma de corazóns, estrelas e mans de cartolina vermellos e  verde. Rematados os elementos decorativos cada curso foi colgando as súas tarxetas e ornamentos acompañados polo profesor de área ou o titor.
Con todas as achegas compuxemos unha preciosa árbore na que se podían ler os desexos de voltar a dar bicos e apertas aos nosos seres queridos e puidemos ver moitas nais cos seus fillos, os amigos e amigas que queren voltar á normalidade e tamén preciosas imaxes con avós e familiares. Algúns lembraron apertas de personaxes de ficción das súas series e películas favoritas e moitas persoas escribiron os seus desexos de recuperar a posibilidade de amosar o cariño e amizade repartindo bicos e apertas.
Deixamos aquí unha presentación coas imaxes da entrada do centro onde ademais da árbore onde o alumnado deixou as súas reflexións e desexos e unha mesa con libros para ler nas vacacións de Nadal. Outros Departamentos didácticos como o de Tecnoloxía fixeron unha contribución en forma de cartelería e felicitacións de Nadal con deseños persoais, e cores e adornos moi elegantes. Desde a biblioteca puxemos, como facemos en cada efeméride, unha  mesa con libros que nos pareceron unha interesante guía de lectura  para as vacación e que publicaremos nunha  entrada  nova do blog, un destes días.
Todas estas tarefas serven para deixarvos a todos os nosos mellores desexos de que poidamos axiña  bicar e abrazar aos nosos amigos e seres queridos.

BO NADAL DO VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA

Ola rapaces!

Antes de despedir este ano 2020, que todos estamos desexando esquecer, queremos deixar no blog un vídeo que fixemos para felicitar o Nadal aos nosos amigos da residencia Domus Vi de Ferrol. 
Desde hai tres anos estamos a desenvolver un proxecto de voluntariado da biblioteca no que compartimos lecturas e actividades cos avós do centro. Atesouramos lembranzas marabillosas que sempre nos sacan un sorriso cando falamos co alumnado que xa marchou e que están na universidade. Todos din que levaron esta experiencia como unha das más significativas da súa aprendizaxe con nós. Seguimos a presumir co alumnado novo de esas reunións, e do equipo de persoas tan xenerosas e comprometidas que as fixo posible. Todos somos conscientes que esas horas que estivemos na compaña dos maiores compartindo con eles, lectura, charla e manualidades, supuxeron para nós grandes leccións de vida. Gardamos no corazón a súa gratitude os seus ollos que se abrían coa ilusión de recibir a visita duns amigos. Ese afecto que intercambiaban mozos e avós é unha linguaxe universal que transcende toda comunicación na que non se precisaban casi  palabras. Por ese motivo queremos darlles as grazas por ternos recibido con tanto agarimo. 
Sendo conscientes do duro que está a ser para eles este illamento por causa da pandemia, quixemos deixarlles os nosos bicos e apertas, eses que non lles podemos dar fisicamente pero que son o único agasallo que todos agardamos poder dar e recibir o antes posible.
Bo Nadal!

mércores, 16 de decembro de 2020

UN RELATO DE IAGO GRANDAL

 Ola rapaces!

Hoxe temos o pracer de darvos a coñecer un relato dun dos nosos voluntarios máis activos, membro do Obradoiro de Escritura, do que noutros anos temos publicado algunha cousiña:



El maestro y su sobrino


El maestro de trucos de naipes más famoso del mundo, emocionado por haber hallado un nuevo truco, se dispone a enseñárselo a su sobrino.

Al proceder con el truco -con maestría-, baraja las cartas, le da a elegir una, vuelve a barajar, y le enseña a su sobrino la elegida. El sobrino, alucinado, le pide que le enseñe, y su tío, el maestro, acepta.

Mientras que le explica, le va mostrando a su sobrino cada paso. Al final, le pide a su sobrino que lo haga.

El sobrino, nervioso, lo intenta hacer, y le mira dudoso.

Su tío, asombrado porque le ha salido a la primera, le pregunta:

- ¿Lo has entendido?

El sobrino le responde:

- No sé, pero este sí.

Y el sobrino enseña la cartera del mago.

domingo, 13 de decembro de 2020

SEGUNDA SESIÓN CLUB DE ESCRITURA Y POESÍA

 Ola rapaces!

O curso continúa e como cada venres no segundo recreo o pasado día 11 se xuntou o Obradoiro de Escritura e esta vez con o Club de Lectura de Poesía.



Adicamos a nosa atención a explicar que é un haiku, é dicir, isa forma poética de orixe xaponesa que consta de tres versos sin rima, de 5, 7 e 5 sílabas. Normalmente fan referencia a temas da vida cotiá o a descripcións da natureza.



Falamos de autores de haikus importantes. Como, por exemplo: Matsuo Kinsaku (1644-1694). E velaiquí un dos seus textos:


Por mi nueva planta de banano

la primera señal de una cosa que detesto

un brote de eulalia.


Tedes máis exemplos en páxinas coma esta: grandes poetas del mundo.

Tamén quedamos en intentar escribir nós un haiku seguindo as reglas do mesmo.

Esperamos con impaciencia!