luns, 31 de maio de 2021

TRÍPTICO LECTURAS DE VERÁN 2021

 Ola compañeir@s!

Como todos os anos, temos para vosoutros un tríptico de recomendacións con lecturas para o verán. Aparecen divididas en diversos temas: recomendacións de Emilio Saldaña, Club de Adultos, Club Xuvenil, Proxecto de Igualdade e Convivencia, En Galego, Centenarios, Cómic...

Cada portada do libro vos leva a crítica do mesmo na nosa páxina de "Socas recomenda".

Esperamos que, con tanta variedade, poidades atopar o voso perfecto compañeiro para as vacacións!


domingo, 30 de maio de 2021

O CURSO DE ITI EN 1º ESO

Ola rapaces!

Come sempre, polo mese de maio ou xuño, estamos a facer un ripaso das actividades do curso que remata. Falamos con Verónica, a profesora de ITI (Investigación e Tratamento de Información). Esta materia optativa é un instrumento fundamental da Alfabetización Informacional (Alfin), un dos obxectivos principais de todas as bibliotecas. 



"Todas as materias viron, dalgún ou doutro xeito, mermadas as súas clases por mor da crise sanitaria que provocou a COVID-19, non obstante, algunhas como ITI resentíronse máis ca outras. Ao longo deste curso foinos moi complicado facer traballos en grupo, vivimos momentos realmente delicados onde os índices de contaxios foron demasiado altos, por iso, dende o comezo, a dinámica da clase foi investigar de xeito individual e facer despois unha posta en común dos contidos na aula. 

No primeiro trimestre investigamos sobre o Samaín e as tradicións de Nadal; no segundo sobre o Antroido no mundo, en España e en Galicia e rematamos o curso coas investigacións máis ambiciosas, as que nos supuxeron un maior esforzo, pero tamén unha maior aprendizaxe. O alumnado investigou sobre temas tan dispares como o movemento Feminista, o movemento LGBTIQ+, o megalodón, a Universidade de Harvad, mitoloxía grega, os dinosauros… Expoñer na clase temas diversos ou facelo do mesmo, pero dende diferentes puntos de vista contribuíu á mellora da dinámica de grupo e á formación do espírito crítico do noso alumnado".  

sábado, 29 de maio de 2021

PROXECTOS SOBRE IGUALDADE E CONVIVENCIA NO CENTRO

 

Ola rapaces!

Agora que vai rematando o curso, hora é de facer un pouquiño de repaso ás actividades feitas, e ós proxectos desenvolvidos. 

A biblioteca, a través das profes do equipo de biblioteca, Vily e Eva, xunto con outros docentes do centro participou en dous proxectos ben interesantes como parte dun PFPP de Programas Contrato. Vily cóntanos: "Vimos  necesario seguir avanzando nas liñas de traballo prioritarias do centro, club de ciencia, STEMBACH, convivencia e e igualdade, así como reflexionar sobre a actualización dos espazos do centro e a formación do profesorado para afrontar os retos que impón a situación de emerxencia sanitaria e o ensino non presencial, para o que se teñen que activar novos modelos de comunicación e atención á  diversidade. Estes en esencia son os obxectivos do PFPP de Programas Contrato do centro, e dentro deste contexto formativo desenvolvéronse dúas liñas de traballo nas que colaboramos desde a biblioteca."

Estes dous proxectos levan estes nomes:

  • Mellorando a igualdade no IES Sofía Casanova.

Os obxectivos eran: Sensibilizar e implicar ao alumnado en materia de igualdade de xénero e apostar pola coeducación como camiño á liberdade individual. Construír con toda a comunidade educativa un espazo coeducativo, igualitario e desde a premisa da equidade. Avanzar na educación emocional e a xestión das emocións.

Traballaron os seguintes contidos. Habilidades sociais, Diversidade cultural, sexual e de xénero. A muller na literatura, na arte, na ciencia e na cultura en xeral.

  • Mellorando a convivencia no IES Sofía Casanova. 

Os obxectivos eran: Promover un axeitado clima de aula e de centro, considerando as relacións globais entre o profesorado, o alumnado e entre os dous colectivos.  Impulsar a participación colaborativa das familias e doutras institucións e entidades na mellora da convivencia escolar, sempre que sexa posible, priorizando videoconferencias no canto de actuacións presenciais de persoas alleas ao centro. Estimular as competencias emocionais no alumnado, sobre todo na situación particular correspondente a este curso.

Os contidos traballados foron: O acoso escolar. O autocoñecemento. Resolución de conflitos. Mediación escolar. 

Algunhas das actividades realizadas xa quedaron reflectidas  no noso blog como "O Obradoiro de memes contra a violencia de xénero", " O Día da Paz", "Día de Rosalía", "Mes da Nena e a Muller na Ciencia", "Día da Muller", e un largo etc, de actividades nas que colaboramos desde as perspectivas de mellora da igualdade e da convivencia. Pero houbo moitas máis como "Exposición de carteis sobre mulleres científicas", "Experimenta en feminino", "Calendarios de mulleres astrofísicas", "Concursos de fotografía Convivencia e Igualdade".

Por último, a biblioteca tamén  colabora  coa realización deste folleto de recomendacións literarias sobre Igualdade e Convivencia. Esperamos que todo isto nos faga un pouco más conscientes da súa importancia!

venres, 28 de maio de 2021

MIGUEL DELIBES: ADQUISICIÓNS E FONDOS DA BIBLIOTECA

Ola rapaces! 

No primeiro trimestre fixemos unha entrada sobre o centenario do escritor Miguel Delibes (1920-2020).

Agora queremos recordavos que no andel de novidades tedes á vosa disposición unha selección dos libros que temos na biblioteca deste autor.



Algúns son os que chamamos "de fondo de armario", como por exemplo:

  • El camino.
  • Cinco horas con Mario.
  • Las ratas.
  • El príncipe destronado.
  • La hoja roja.
  • Aún es de día.
  • Los santos inocentes.
  • El hereje.


Outros refírense áos libros que mercamos recentemente e que inclúen novidades editoriais propias da celebración do centenario, como por exempro:

  • Miguel Delibes de cerca. Biografía de Ramón García Domínguez.
  • La narrativa de Miguel Delibes. Estudio do profesor da USC, Alfonso Rey.
  • Los niños. (Antoloxía de textos do autor sobre un dos seus temas predilectos, a infancia).
  • Miguel Delibes: inventando personajes.


Ademais, dúas profesoras do Departamento fixeron un curso do CAFI sobre este autor, no que aprenderon moito, para traballar os seus valores humanos e literarios na práctica docente. E tiveron a sorte de escoitar a testemuña de Elisa Delibes, profesora e filla do escritor.


mércores, 26 de maio de 2021

ACCIÓN ARTÍSTICA CONTEMPORÁNEA

 Ola rapaces!

Desde onte 25 de maio, pódese visitar na Sala Julia Minguillón do Centro Cultural Torrente Ballester os traballos realizados polo alumnado de 3º ESO dentro dos obradoiros de artes visuais impartidos por Ladislau da Regueira durante o último mes. Esta actividade naceu como unha iniciativa dos departamentos de Educación Plástica e Visual e de Xeografía e Historia no marco do Club de Letras para utilizar os recursos do Espazo Maker, pero foi crecendo coas achegas de toda a comunidade educativa do IES Sofía Casanova e coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.
Durante os próximos días realizaranse polas mañás visitas guiadas á maior cantidade posible de grupos do noso instituto, adaptándonos ás necesidades impostas pola situación que estamos vivindo. 
Animámosvos a visitar esta exposición que estará aberta ata o domingo 6 de maio e desfrutar do traballo realizado polos nosos estudantes.


luns, 24 de maio de 2021

POESÍA E IMAXE

 Ola rapaces!

Como todos os anos, o centro participou no certame "Poesía e Imaxe". Os alumnos de Educación Plástica traballaron a partir de poemas en diferentes linguas minoritarias. Xa podedes ver no corredor central a exposición dos premiados.



Primer Premio foi para Yusef Salec de 1º ESO C que ilustrou un poema hindi:

Do meu corpo, toma terra e esparexe sobre terras estériles,

do meu corpo toma auga e debuxa o deserto con regatos,

do meu corpo toma o ceo e constrúe teitos para os desamparados,

do meu corpo, toma aire e purifica o alento das fábricas, 

do meu corpo, toma lume, o teu corazón está espantosamente frío.

Geet Chaturvedi.

De entre os premiados polo centro están tamén:

De 1º ESO:

  • Ana Aneiros Vilar Lingua zikril.
  • Vera Bregua Aneiros Lingua inglesa.
  • Nera Lema Fernández Lingua zikril.
  • Nicolás Rego Vilar Lingua inglesa.
  • Yusef Salec Lingua irlandesa.

De 3º ESO:

  • Alba Romar Otero Lingua hindi.
  • Puerto Saínz Alzueta Lingua bahasa indonesia.
  • Rosalía Vázquez Velasco Lingua persa.

Parabéns a todos estes grandes artistas!




domingo, 23 de maio de 2021

NOVA SESIÓN DO NOSO CLUB DE LECTURA

 Ola rapaces!

Tivemos o pasado venres a nosa sesión do Club de Poesía, xunto co tradicional encontro dos escritores de microrrelatos. 



Iago tivo a ben lernos un fragmento dun texto seu. Tamén comentamos o pasamento do escritor José Manuel Caballero Bonald. Así como a celebración do Día das Letras Galegas adicado a Xela Arias, poeta do cotiá.

Deixamos aquí un poema adicado ao seu fillo Darío:


Se andas a gatiñas formas a columna 

e a planta dos pés; 

se te alimentas ó meu peito medras san, 

rexo e forte.

Se che falamos con tino, a modo 

recompós termos e frases. 

Se a luz non é moi forte 

descansan os teus ímpetos de neno. 

Se tes o ritmo da música has 

rimar o aceno dos días. 

Se estimulado, crearas o mundo sen que cho impoñan... 


Canto sei! e, sen embargo,

que ananez perante tanta novidade 

que ti agasallas a cada instante. 

Darío a diario (1996)




mércores, 19 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021. XELA ARIAS

 Ola rapaces!

Estas semanas estamos a ocuparnos da celebración do Día das Letras Galegas que este 2021 está adicado a XELA ARIAS. Desde os departamentos de Orientación, Dinamización lingüística e da Biblioteca, fixemos unha proposta de actividades para que se puideran realizar desde as titorías. Recompilamos recursos, información, imaxes e vídeos  como introdución da autora na seguinte páxina web LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS

-O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO, fixo marcapáxinas e infografías como estas:

-O alumnado de 4º da ESO, fixo vídeos cunha aplicación de móbil que lle permitiu recitar poemas de Xela cunha imaxe da autora, facendo falar á fotografía.

Aquí vos deixamos algunhas das que nos achegaron.


Na biblioteca puxemos o noso recuncho cos libros da autora.
Tamén participou o Departamento de Tecnoloxía facendo marcapáxinas para imprimir en 3D. Que podedes ver picando a imaxe.

Este é un exemplo dos vídeos nos que o alumnado recita poemas da autora. 

O Padlet dos traballos.

Feito con Padlet

domingo, 9 de maio de 2021

ADQUISICIÓNS DE LIBROS DE ECONOMÍA

Ola rapaces!

Queriamos compartir convosco que a biblioteca, por iniciativa de Mohamed, un alumno de 1º BAC-E, está mercando bastantes libros de actualidade económica, de xestión empresarial e de biografías de grandes emprendedores. 



Aquí están algúns exemplos. Todos á vosa disposición:

  • Código dinero.
  • Aprenda de la mafia.
  • Secretos de la mente millonaria
  • MBA personal.
  • El método Starup
  • Pequeño cerdo capitalista
  • El millonario de la puerta de al lado...