Amosando publicacións coa etiqueta Cinza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cinza. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de maio de 2026

FESTA DE DESPEDIDA DOS CLUBS DE LECTURA EN BACHARELATO

Ola rapazada!

O pasado martes 19 tivemos unha xornada moi especial na nosa biblioteca. Pretendíamos facer unha despedida emotiva para as rapazas e rapaces de Bacharelato que participaron durante este curso nos dous Clubs de Lectura: o de Novela Gráfica (onde algunhas rapazas xa levan catro anos de experiencia); e o de Narrativa Xuvenil (onde se apuntaron por primeira vez este curso).



Por isto, decidimos xantar todos xuntos e, como o tempo acompañou, puidemos facelo ao aire libre, nas mesas do patio exterior, onde tivemos tamén a nosa última conversa literaria sobre a novela gráfica Contrapaso de Teresa Valero e sobre Anagnórise de Mª Victoria Moreno.




A continuación, Dani guiounos nun interesante roteiro sobre outra novela lida anteriormente: Cinza de Manoel Cráneo sobre o texto de Xavier Alcalá. Sabedes que fala da vida dun estudiante ferrolán, trasunto do autor, e nos presenta as súas andainas polo Ferrol da década dos 50 do século pasado. 


Así,  primeiro visitamos o IES Concepción Arenal (onde estudou o protagonista da novela) e quedamos abraiados pola súa señorial biblioteca. A continuación, fomos parando en distintos puntos do barrio da Magdalena: praza de España, praza de Armas, praza de Amboage, comparando as vistas das ilustracións coas actuais. 



As anécdotas contadas por Dani foron moitas, comprobamos o transcurso do tempo polas vellas pedras da nosa cidade; e, sobre todo, disfrutamos tanto con esta experiencia de camiñar lendo, ou ler camiñando... 

 


Grazas pola vosa asistencia!

sábado, 21 de marzo de 2026

COMENTANDO CINZA CO NOSO CLUB DE NOVELA GRÁFICA

Ola rapazada!

O pasado mércores 18 tivemos a nosa xuntanza co alumnado do Bacharelato do club de Novela Gráfica. Limos a versión gráfica da novela do ferrolán Xavier Alcalá A nosa cinza, feita polo ilustrador Manoel Cráneo, e que leva por título Cinza. 


O alumnado amosou o seu interese por lembrar o pasado da nosa cidade. Comentamos moitas diferencias entre a educación, os costumes, a arquitectura do Ferrol do século pasado e os da actualidade.


Contamos con facer un roteiro literario que pescude na impronta desta historia autobiográfica.


Vémonos na vindeira xuntanza que xa será a última deste curso!



xoves, 13 de xuño de 2024

COMIDA DE DESPEDIDA DOS CLUBS DE LECTURA E ROTEIRO SOBRE CINZA

 Ola rapaces!


O pasado martes tivemos un dobre evento na biblioteca. Despedimos o curso cunha comida cos alumnos da ESO, preparada con agarimo por Gloria. Logo de facernos fotos de grupo, xuntámonos na biblio para  falar da nosa experiencia durante este curso. Algúns rapaces sacaron libros para o verán.



Cos rapaces de Bacharelato (e algúns da ESO) percorrimos un roteiro tralas pegadas da novela gráfica Cinza, lida meses antes e comentada co seu autor, Xavier Alcalá. Dani explicounos algúns aspectos dos espazos da novela tan fielmente ilustrada por Manel Cráneo. 

Visitamos o Instituto Concepción Arenal decatándonos das semellanzas entre as ilustracións e a realidade: a portada, cunha profesora asomada a fiestra, o corredor das aulas, a entrada aos seminarios. Tamén visitamos a biblioteca que na época da novela era a capela do instituto.


Logo camiñamos pola praza de España comparándoa coa vella, 


Nos achegamos a praza de Armas lembrando o posto de patatas e churros de Bonilla. 


Na praza de Amboage disfrutamos mirando a casa familiar do protagonista e narrador, una casa modernista de Rodolfo Ucha que aínda se conserva. 


Rematamos nas rúas do Esteiro, lugar doutras aventuras. Voltamos ao noso instituto, coñecendo mellor a cidade, tantas veces transitada, sabedores agora que a compartimos con artistas que la amosan nos seus textos e nas súas imaxes.