Gañar o Planeta non garante ter escrito unha boa novela, pois os intereses que se moven tras estes premios mediáticos son, cando menos, sospeitosos.
Pero este ano o premio recaeu sobre, ao meu modesto parecer, un dos mellores escritores de novela negra. E non é que Silva estea encasillado neste xénero (é un autor moi prolífico e versátil), pero a novela premiada é a sétima entrega da serie negra "Belilacqua e Chamorro".
Bevilacqua, tamén coñecido polo alcume de Vila, é sargento/brigada da Garda Civil e protagonista, xunto á garda/cabo/sarxento Virginia Chamorro, destas novelas policiacas de éxito. Unha das cales, "El alquimista impaciente" (premio Nadal 2000) foi levada ao cine en 2002.
A saga ten todos os ingredientes do xénero: un detective agudo, que se sae do patrón (é garda civil e non policía, licenciado en psicoloxía, e choca de frente coa ineficacia dalgúns superiores), con unha vida sentimental rota (cúlpase do fracaso do seu matrimonio e da distante relación co seu fillo) e, como non, con unha compañeira inseparable (Chamorro). A relación entre eles é un dos alicerces, co seu constante tanteo e un previsible achegamento que nunca chega.
Eu recomedaría ler calquera destas dúas: "La estrategia del agua" (2010) e "El alquimista impaciente".
Para os membros do clube máis novos, dicirvos que Silva escribiu tres libros para adolescentes moi interesantes e que despertarán ainda máis a vosa conciencia social: a triloxía de Getafe ("Algún día, cuando pueda llevarte a Varsovia", "El cazador del desierto", "La lluvia de París") ..... pero esta é outra historia.
Amosando publicacións coa etiqueta novela negra b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novela negra b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 25 de outubro de 2012
luns, 14 de febreiro de 2011
"A praia dos afogados" de Domingo Villar

Hai tempo lin unha novela que me enganchou, e que recomendo aos alumnos de bacharelato.
Algúns chámanlle o Stig Larsson galego, pero agás de compartir xénero, a mín non se me parece para nada.
Dúas personaxes moi ben definidas: O inspector Caldas, máis parecido ao inspector Wallander de Henning Mankell que ás personaxes de Millenium, investiga a morte dun mariñeiro que aparece nunha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos.
E Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos, non parece servir de moita axuda, e colle une tremendos rebotes coas respostas ambigüas desta xente que non entende.
Unha parella que daría moito xogo nunha película ou nunha serie televisiva (esta é a segunda novela do inspector Caldas, e pode haber máis entregas).
Hai unha novela anterior chamada "Ollos de auga" que non me gustou tanto porque o desenlace me pareceu previsible.
sábado, 8 de xaneiro de 2011
Etiquetas:
cómico,
costumbrista,
drama,
espionaxe,
fantasía,
histórica,
investigación,
lenda,
maxia,
medieval,
nadal,
natureza,
novela negra,
picaresca
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)