Amosando publicacións coa etiqueta 25 de novembro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25 de novembro. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de novembro de 2025

ACTIVIDADES SOBRE O 25-N

 Ola rapazada!

O pasado martes día 25 de novembro celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Como cada curso, a biblioteca únese ás actividades do centro para concienciarnos sobre esta lacra da sociedade.

O alumnado da ESO realizou un evento no patio do centro que consistiu na lectura de frases contra o machismo, escollidas na titoría, que logo introducíronse por parte do voluntariado en globos que foron lanzados ao espazo.




A biblioteca fixo unha selección de libros contra o maltrato que se pode contemplar na hemeroteca da entrada da biblioteca. Entre eles hai unha serie de títulos que nos poden axudar a reflexionar sobre o asunto. Algúns destes libros foron mercados especialmente para esta data.

  • La sombra de la cucaracha de Gato Fernández.
  • Si es amor, no duele de Iván Larreynaga e Pamela Palenciano.
  • Hoy es el último día del resto de tu vida de Ulli Lust.
  • Tengo 14 años y no es una buena noticia de Jo Witek.
  • Eso no es amor de Marina Marroquí.
  • Eso no es sexo de Marina Marroquí.


Tamén realizamos un Concurso de Carteis sobre a efeméride na que as premiadas foron:

  • Inés Solla Tizón de 1º ESO C.
  • Lucía Zi Fernández Castro de 1º BAC C. 

Aquí están cos seus carteis. 


Parabéns!

venres, 29 de novembro de 2024

LIBROS CONTRA O MALTRATO

Ola rapaces!

O pasado luns 25 de novembro lembramos o Día Internacional da non Violencia contra a Muller.

A biblioteca deixou na estantería exterior unha selección de libros para que todos reflexionemos sobre esta lacra de nosa época e tamén sobre o rol da muller ao longo da historia. 










Estas son algunhas propostas da biblio: 

  • Quiéreme bien. Una historia do maltrato de Rosalind B. Penfold (Astiberri, 2018), novela gráfica sobre o drama íntimo que se vive en moitas familias.

  • Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV de Marisa Vidal Collazo (Galaxia, 2022) novela histórica sobre unha muller de Gallaecia que viaxa a Terra Santa.

  • Quen precisa unha avoa? de Andrea Barreira Freije (Xerais, 2024) sobre a conciliación familiar e as necesidades das persoas maiores.

  • Las invisibles (Obra colectiva de la Red Lectura Fácil: La Mar de Fácil, 2021) presenta diversas biografías de mulleres excepcionais que destacan pola súa valentía e capacidade intelectual que merecen saír da súa invisibilidade.


  • A cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre (Xerais, 2008), novela lida o curso pasado no noso Club de Lectura que. xogando co mito clásico de Medusa, nos fala dunha violación  de dúas  mozas que para non sucumbir a vergonza e a culpa, aferránse a súa resistencia para recuperar a súa dignidade.

E temos moitas máis propostas! Entra na biblio, atoparás o que buscas!



venres, 27 de novembro de 2020

OBRADOIRO DE MEMES CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

 

Como contabamos na entrada anterior, este curso a realización de actividades comúns presenta máis dificultades debido ao protocolo anti-covid, pero iso non pode acabar coa celebración dun día como o 25 de novembro. 



Os titores e outros profesores de diferentes materias que quixeron participar colaboraron no desenvolvemento de obradoiros para a realización de memes en contra da violencia machista. A actividade partía dunha presentación común que podedes consultar na seguinte ligazón

A partir das preguntas propostas nese documento e do debate que se deu nas aulas propúxoselle ao alumnado que crearan os seus propios memes contra a violencia machista, entendendo que a violencia de xénero non queda unicamente restrinxida aos golpes, insultos e ameazas, senón que comeza e se difunde de maneiras moito máis sutís que debemos aprender a detectar para evitalas.

Algúns dos memes creados nesta actividade están dispoñibles na seguinte ligazón e poderedes velos impresos durante estes días no vestíbulo de entrada do instituto.

Tamén tedes no corredor algúns textos da biblioteca sobre o tema. 


martes, 26 de novembro de 2019

25 DE NOVEMBRO, DÍA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ola compañeiros e compañeiras!


Este ano para celebrar o 25 de novembro, o Día internacional  de Loita contra a Violencia de Xénero, desde o Departamento de Orientación e os equipos de actividades complementarias e extraescolares, dinamización lingüística, igualdade e da biblioteca do centro,  fixeron unha proposta de actividades ampla na que puideron traballar nas titorías e nas áreas, todo o profesorado e grupos do instituto.



Continuamos coa campaña iniciada no curso pasado na que decidimos plantarnos contra a violencia de xénero, insistindo nesta ocasión en chamar a atención sobre os comportamentos, mensaxes e usos das redes sociais que poden pasar desapercibidos como violencia machista. Entendemos que a violencia vaise aprendendo e aceptando en pequenas doses. Esto fai posible que non interpretamos que cando alguén nos quere controlar para saber ónde estamos, con quén falamos ou as mensaxes e grupos nos que participamos,  sexa unha sinal de violencia de xénero. Pero estes son os primeiros banzos dunha escaleira que vai conducindo a comportamentos gradualmente máis violentos.


Por tal motivo, púxose a disposición das titorías un vídeo da web Pantallas Amigas, onde se identifican formas de violencia de xénero no uso das redes sociais. Tentando que sirva para iniciar a profundización sobre estes aspectos da violencia. Posteriormente o alumnado redactou conversas falsas de whatsapp que representaban relacións de desigualdade entre rapaces e rapazas, reflexionando sobre os comportamentos de control e dominación que se poden exercer utilizando este tipo de medios, identificando eses comportamentos e dando propostas de solución para que as persoas que poidan estar nunha situación parecida, e así podan enfrontarse a ela e superala. Para a realización desas conversas falsas propuxéronse entre outras fórmulas, a de empregar a web Fake Whatsapp, na que non se precisa darse de alta e pode ser utilizada desde calquera ordenador. Unha vez creada a conversa, o alumnado debería sacar unha captura de pantalla desa conversa e gardala no seu escritorio, para poder imprimila despois.


Por outra banda, outros grupos traballaron na realización dun vídeo no que recitaron a letra da canción “antipatriarca” de Ana Tijoux, que foi traducida ó galego polo equipo de dinamización. 


Este equipo tamén participou o venres día 22 de novembro, xunto con un grupo de profesores e varios cursos, na actividade organizada pola Concellería de Igualdade e Muller do Concello de Ferrol. Tratábase dunha peza teatral musical do grupo Chévere, As Fillas Bravas . Ó acto que tivo lugar no auditorio municipal, acudiron cunha pancarta que contíña o lema da nosa campaña, que se fixo na biblioteca do centro.





























Para rematar, na entrada do instituto fíxose unha exposición de paneis que recollían os carteis, as conversas de whatsapp e a pancarta. Tamén unha mesa da biblioteca con recomendacións de lectura contra todo tipo de  violencia que sofren as mulleres. Nesta mesa podíanse leer tamén algúns relatos do alumnado do centro que resultaron premidos en certames literarios no pasado curso.  Atopábase así mesmo, a aportación do club Manga Sofía, que fixo  debuxos e variacións dunha imaxe con mensaxes contra a violencia de xénero. 






Ó longo de toda a maña do luns os grupos foron baixando con os seus profesores e foron lendo as mensaxes que se colgaron durante as xornadas anteriores. 






En posteriores entradas seguiremos a informar polo miúdo sobre todas as actividades pero non queremos pasar a data sen deixar aquí a nosa mensaxe de rexeitamento contra esta lacra social que é a violencia de xénero.