Amosando publicacións coa etiqueta Benito Pérez Galdós. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Benito Pérez Galdós. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de xaneiro de 2021

CELEBRANDO OS CENTENARIOS

 Ola rapaces!

A biblioteca mercou bastantes libros e cómics sobre tres autores e autoras que estiveron recentemente ou están de centenario, dous delas moi vencelladas coa nosa terra. Refírome a Benito Pérez Galdós, do que no 2020 se fixeron 100 anos do seu pasamento; Concepción Arenal, da cal o pasado ano tamén se fixeron 100 anos, pero do seu nacemento en Ferrol; e Emilia Pardo Bazán, da que este 2021 celebramos o centenario da súa morte.

Por este motivo ponemos a dispor do lector curioso obras adicadas a aviciñarnos ás súas persoas ou obras: 

  • Biografías: As tres principais biografías que temos, moi actualizadas: A de Anna Caballé de Concepción Arenal, Isabel Burdiel da Pardo, e a recente de Yolanda Arencibia sobre Galdós.
  • Biografía para nenos: Emilia Pardo Bazán: unha nena seducida polos libros de María Xosé Queizán.
  • Cómics: Tres adicados a Galdós.
  • Álbum fotográfico coma Las  mujeres que leen son peligrosas.
  • Edicións das súas obras: Cuentos de amor e Memorias de un solterón da Condesa de Pardo Bazán; Marianela, Tristana, Tormento, Memorias de un desmemoriado do escritor canario.
  • Estudios de súas obras: como Galdós novelista, de Leopoldo Alas, "Clarín", o outro grande novelista do Realismo.
  • Unidades Didácticas: A escaleira desigual. A condesa rebelde.



Esperamos que sirvan de axuda para que vos aproximedes a estas tres grandes figuras da literatura e do feminismo. 

xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO CONFINADOS

Ola rapaces míos!
Cómo va ese confinamento?
Esperemos que ben. Non quería deixar pasar esta data do 23 de abril para lembrar o Día do Libro. En condicións normais estaríamos celebrando por todo lo alto esta efemérides. 

O Departamento de Lingua Castelá tería feito unha gran festa do libro. Abería decorado os corredoiros con fermosas palabras. Este ano estábamos a barallar varias opcións, todas cortadas pola pandemia. 

Unha destas posibilidades era a de adicar o día a gran figura de Benito Pérez Galdós, que, como xa lembramos noutras entradas, está de centenario. Queríamos ter feito no salón de actos a nosa tradicional lectura de textos, Pero queda todo para o primeiro trimestre que vén. Poderíamos ter traballado o seguintes puntos por cursos:

  • 1º ESO. A descripción de personaxes en pequenos textos.
  • 2º ESO. Literatura e cine: exemplos tomados de Galdós.
  • 3º ESO. Galdós revisa autores clásicos.
  • 4º ESO. A obra de Galdós.

De todos xeitos, o máis importante é que aproveitedes esta situación para ler moito e tratar de evadirvos coa lectura dos estreitos límites do tempo e, sobretodo, do espazo.
Bo Día do Libro para todos!

luns, 9 de marzo de 2020

FALANDO DE GALDÓS NA TELEVISIÓN DE FERROL

Ola rapaces!
O sábado puidemos ver no programa "Crisol de Cultura" da Televisión de Ferrol, onde colabora Emilio, a Pilar falando do escritor Benito Pérez Galdós.
Como estamos a conmemorar o seu centenario, calqueira ocasión é boa para lembrar ao escritor canario e animarnos a ler as súas obras.

Podedes ver aquí o programa.

sábado, 4 de xaneiro de 2020

CENTENARIO DE GALDÓS

Ola rapaces!
O día 4 de xaneiro de 1920 faleceu en Madrid don Benito Pérez Galdós. Este ano que iniciamos, por tanto, celebramos o centenario do seu pasamento. 2020 será o ano Galdós. Será lóxico e saudable que no noso blog o lembremos como merece. Propoñemos ir colgando algunhas entradas sobre o gran novelista canario no que recomendaremos algúns dos seus textos. E tamén que dende a biblioteca e o Departamento de Lingua Castelá e Literatura queremos adicarlle atención. De xeito que a súa vida, longa e laboriosa, e a súa obra (novelas, Episodios Nacionales, teatro...) remate por ser un pouco máis coñecida para a comunidade escolar.


Polo de pronto, non podemos senón comezar recomendando a visita dunha magnífica exposición que a Biblioteca Nacional, Acción Cultural Española e o Gobierno de Canarias, organiza sobre don Benito.

Co título de "La verdad humana", dita exposición fai un percorrido xeral sobre algúns dos aspectos máis salientables da súa biografía. A súa infancia e adolescencia en Canarias, a súa chegada a Madrid, as súas viaxes por Europa, o seu contacto co periodismo, Galdós e a política, Galdós e Santander, Galdós e as relacións amorosas, Galdós e o Nobel, Galdós e o teatro... 


Para rematar, na exposición coméntase tamén a fecunda pegada que deixa o noso escritor na novelística contemporánea e no cine. Varios escritores actuais (Andrés Trapiello, Almudena Grandes, Care Santos, Elvira Lindo..) graban uns vídeos que se poden escoitar sobre a súa recoñecida influencia nas súas respectivas obras.

É esta a perfecta ocasión para ver un nutrido grupo de cadros, (algúns do propio escritor), debuxos, fotografías, primeiras edicións, manuscritos, etc que dificilmente poden xuntarse.

Lectores do Sofía, non deixedes de achegarvos a, con permiso de Cervantes ao que tanto admiraba, o grande novelista da nosa lingua!