Amosando publicacións coa etiqueta CLUB DE LECTURA 16-17. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CLUB DE LECTURA 16-17. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de maio de 2017

II ENCONTRO DE CLUBES DE LECTURA

Ola, rapaces, mañana é o día de dar a benvida aos nosos compañeiros do Club de Lectura do IES Concepción Arenal. 
Teremos en primeiro lugar, un recitado de lecturas de Rubén Darío, Edgar Allan Poe, Carlos Casares, etc... Coido que tamén poderá haber un acompañamento musical.
Logo xantaremos todos xuntos na nosa biblioteca onde esperamos contar con algunha sorpresa gastronómica. 
Non o esquezades!

Socas
.
                    
 “LECTURAS COMPARTIDAS”                                                                    
II ENCONTRO DE CLUBES DE LECTURA
IES CONCEPCIÓN ARENAL                                                            IES SOFÍA CASANOVA
23 de maio de 2017

mércores, 17 de maio de 2017

NOVA XUNTANZA DO NOSO CLUB

Onte tivemos unha nova xuntanza do noso club onde, por unha vez deixamos a fantasía para mergullarnos nunha historia real coma a vida mesma. A experiencia de August, un neno de dez anos cun problema grave no seu rostro o que lle fai especialmente sensible ante o bullying. R.J. Palacios en Wonder: La lección de August emocionounos nesta preciosa aventura de superación persoal.
Daniela e Ariadna fixeron a presentación e logo moitos de nós contaron a súas vivencias sobre a discriminación escolar, con historias reais, vividas en primeira persoa ou escoitadas doutros compañeiros.
Penso que todos aprendemos moito.



                   
sexta sesión do noso club de lectura

wonder de R.j.palacio

Esperámoste ás 14:15 do martes 16 de maio

na biblioteca.

Trae a comida!





martes, 14 de marzo de 2017

OLA LECTORES!

Son Iago, o novo bloguero da biblio e vou aportar o meu gran de area aquí.
Como levamos algún tempo sen informar, olvidóusenos falaros das últimas sesións do noso Club. Recordaredes que lemos La historia interminable. Despois tocou Reckless de Cornelia Funke, cuxa presentación lles tocou a Sara e David de 1ºB. 



Con calma iremos informando das distintas presentacións. Animádevos a vir ao noso club e disfrutaredes lendo e comentando libros.


luns, 7 de novembro de 2016

PRIMEIRA XUNTANZA DO NOSO CLUB DE LECTURA

Ola rapaces!


Mañá temos a nosa primeira sesión oficial xa que a do mes de outubro soamente foi unha toma de contacto.
Así que espero que todos disfrutárades da lectura do noso dragón favorito. 
Ariadna e Iago ten preparada xa a súa presentación.
Non esquezades a comida.


domingo, 9 de outubro de 2016

COMEZA O NOSO CLUB

Ola rapaces!
Douvos a benvida a nosa biblioteca, logo do tempo de lecer! De xeito especial aos novos alumnos de 1º ESO e de 1º de Bacharelato. Algúns xa se deixaron caer pola biblio e, ademáis, comezaron a traballar como axudantes. Bravo por eles!
Vexo que vides con ganas de pasarlo ben este curso. O equipo de biblioteca xa quenta motores e vos presenta algunhas actividades para este curso:
  • Club de Lectura.
  • Club de Escritura.
  • Itinerarios lectores.
  • Plan de voluntariado.
  • Boletín de novidades.
  • Caixa de suxestións para adquisicións.

Pero para todo iso é precisa a vosa colaboración. 
De momento quedades convidados a primeira xuntanza do noso Club de Lectura.
A cita é o vindeiro martes día 11 a hora de xantar. 
SOCAS