Amosando publicacións coa etiqueta Tríptico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tríptico. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de xuño de 2026

O NOSO TRÍPTICO ANUAL

Ola rapazada! 

Aquí vos deixamos o noso tríptico estival coas recomendacións de lectura para o verán.

Nel tedes tamén a publicación dos poemas gañadores do noso III Concurso de Poesía en todas as linguas do centro. 

Parabéns para os gañadores e felices vacacións para todos!






xoves, 19 de xuño de 2025

TRÍPTICO DE FINAL DE CURSO

Ola rapazada!

Este ano propuxémonos ser un pouco orixinais no noso tríptico de fin de curso. Xuntamos as recomendacións de lectura dos nosos dous Clubs (Novela Gráfica e Narrativa Xuvenil en galego) coa publicación dos gañadores do II Concurso de Poesía en todas as linguas do centro. 

Este é o resultado. Esperamos que vos guste!

Confiamos en que gocedes do verán e que o vindeiro curso sigades tendo como faro do instituto a nosa biblioteca.



venres, 21 de xuño de 2024

TRÍPTICO DE LECTURAS PARA O VERÁN

Ola rapaces!

Como cada ano por estar datas, a biblioteca os mostra un tríptico coas recomendacións de lectura para non deixar de ler durante as vacacións.

Boas vacacións para todos!

tríptico 2004





luns, 31 de maio de 2021

TRÍPTICO LECTURAS DE VERÁN 2021

 Ola compañeir@s!

Como todos os anos, temos para vosoutros un tríptico de recomendacións con lecturas para o verán. Aparecen divididas en diversos temas: recomendacións de Emilio Saldaña, Club de Adultos, Club Xuvenil, Proxecto de Igualdade e Convivencia, En Galego, Centenarios, Cómic...

Cada portada do libro vos leva a crítica do mesmo na nosa páxina de "Socas recomenda".

Esperamos que, con tanta variedade, poidades atopar o voso perfecto compañeiro para as vacacións!


martes, 26 de xuño de 2018

TRÍPTICO DE VERÁN

Ola rapaces!
Xa está aquí o tríptico de verán no que vos recomendavos lecturas para este tempo de lecer. Este curso, Vily rompeu a cabeza para cadrar as suxestións de tantos colectivos como temos. Así que aparecen recomendacións de:
  • Alumnos.
  • Profesores (Daniel Iglesias).
  • Club de Lectura de Adultos.
  • Club de Lectura xuvenil de novela histórica.
  • Club de Voluntariado da biblioteca.
  • Club de Lectura xuvenil romántica.
  • Club de Ciencias.
  • Os correspondentes.
  • Club de Manga.
  • Cómics.
  • En galego.
  • Letras Galegas 2018.
  • Aniversarios.
  • Deixáronnos este ano.


No propio tríptico hai un código QR no que podedes ler as reseñas de cada libro pois enlazan coa páxina "Socas recomenda" de este mesmo blog.

Así que xa non tedes excusa para decir. "E que non sei que ler este verán".
Vémonos! 


sábado, 27 de abril de 2013

O NOSO PRIMEIRO TRÍPTICO

Faime especial ilusión presentarvos no noso blog o noso primeiro tríptico. Gazas pola vosa acollida!