Ola poetas:
O escritor catalán César Mallorquí gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa súa obra La isla de Bowen. O galardón, concedido polo Ministerio de Cultura, distingue ao mellor libro de este xénero publicado en 2012 en cualquera das lenguas oficias de España.
La isla de Bowen é, según explica o propio autor, "una recreación de la novela clásica de aventuras" inspirada na figura de Xulio Verne. A historia desenvólvese en 1920 e na mesma aparecen unhas extranas reliquias no interior dunha vella cripta medieval que levan ao profesor Ulises Zarco a embarcarse nunha aventura inimaxinable a bordo do buque Saint Michel, no que percorrerán Inglaterra, Noruega e outros países para afrontar o misterio que envolve a isla de Bowen, máis alá do Círculo Polar Ártico.
O xurado considerou que esta obra é "un canto a la aventura y un homenaje a la literatura clásica, escrita con pasión, amenidad, humor e inteligencia", e destacou a "excelente construcción" dos seus personaxes e tramas.César Mallorquí conta con outros tres Premios Edebé (por El último trabajo del señor Luna, La cruz de El Dorado e Las lágrimas de Shiva) e un Gran Angular por La catedral.
Formaron parte do xurado os premiados nas dúas últimas ediciones, Laura Gallego (2012) e María Teresa Carranza (2011), autoras ben coñecidas por todos nós.
A continuación, déixovos un enlace para ler o primeiro capítulo de La isla de Bowen. E xa sabedes, rapaces, se estades interesados en continuar lendo, propoñédeo para a súa compra na Biblioteca do intituto. Seguro que Socas xa o está lendo.
Boa lectura, poetas.