Amosando publicacións coa etiqueta Jordi Sierra i Fabra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Jordi Sierra i Fabra. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de xaneiro de 2014

SOCAS INFORMA SOBRE A ÚLTIMA XUNTANZA DO NOSO CLUB

Ola rapaces!

Estiven un pouco atarefado ultimamente preparando a festa sorpresa da miña benquerida tía Socaiñas, unha trasniña do máis agarimosa e lectora, polo que non puiden facer a consabida crónica da nosa última sesión. Primeiro teño que tirarvos das orellas a algúns porque vos fostes da biblio sen recoller os restos da nosa comilona. Iso non está ben.
Pasando a nosa xuntanza, contamos coa agradable visita de Teresa, a secretaria do centro, que falounos das redes sociais e a súa aplicación no noso club. Por certo, que teño que dicir que en menos dunha semana xa teño case 100 seguidores en twitter e 50 en instagram.  Como o vedes?
Logo, Miriam en solitario porque a súa compañeira Antía se encontrou mal en non puido vir (esperamos que esteas xa recuperada totalmente), nos falou da lectura deste mes, Las chicas de alambre de Jordi Sierra i Fabra. Foi unha mágoa que non dera tempo de falar en profundidade do libro, que en xeral gustou bastante e, sobre todo, do grave trastorno que é a anorexia nerviosa. Cris tratou un pouco o asunto e puxo unhas fotografías que poñían o vello de punta. Menos mal que a nos, coa cantidade de pizza que comemos nas nosas reunións, non creo que nos dea por non comer. Pero como nunca se sabe, atendede e comer san, variado e abundante para medrar guapiños e fortes.
Espero poder ampliar o asunto da anorexia coa axuda de Cris en vindeiras entradas. Estade atentos, rapaces.

Saúdos:
Socas

domingo, 19 de xaneiro de 2014

Las chicas de alambre: martes 21 de xaneiro.


Portada

Ola poetas:

Non esquezades que este martes temos a sesión do club de lectura na biblioteca do Sofía. Penso que vai estar interesante, xa que o libro de Jordi Sierra i Fabra da para moita reflexión. Aquí deixo algunhas preguntas que me xorden despois da lectura de Las chicas de alambre.

  • Somos como a imaxe que reflectimos de nós?


  • Que parte de nós mesmos gardamos e que parte compartimos?


  • Que deixamos que os demais coñezan de nós?


  • Coñécennos da mesma forma a nosa famila e os nosos amigos?


  • Estamos preparados para nos mover neste mundo de espellismos?


  • Estamos contentos co noso corpo? E coa nosa mente? Temos equilibrados corpo e mente?


  • Andamos no bo camiño? Somos fortes para non caer nas tentacións do mal e do camiño fácil e rápido?


  • Coñeces a Platón? E a Aristóteles? E a Nabokov?


Ata o martes.

venres, 17 de xaneiro de 2014

Os personaxes en Las chicas de alambre de Jordi Sierra i Fabra.

Ola poetas:

Díxome un paxariño -ben, home, ben, xa estás nas túas teimas. Por dios, que susceptible es, rapaz-. 

Perdón: díxome Socas -que non é ningún paxariño- que este martes día 21 de xaneiro temos nova xuntanza na biblioteca do Sofía. Xa me tardaba. A novela que estamos todos a ler estes días é Las chicas de alambre, Jordi Sierra i Fabra. E para ir abrindo boca aquí deixo unha síntese dos personaxes máis salientables. 

Espero que os estea gostando.

Abur.


Personaxes:

Principais:

Jon Boix: Ten 25 anos. É periodista de “Zonas Interiores”, revista cuxa directora é a súa nai. É o encargado de publicar un artigo sobre as “wire-girls” polo décimo aniversario da desaparición de Vania, unha delas. Pásase toda a obra viaxando e falando con coñecidos da desparecida modelo.

Vania: Vanesa Molins Cadafalch. Naceu en Barcelona. Era modelo e formaba parte do “trío de las chicas de alambre”. Tiña 25 anos cando desapareu e o deixou todo. Sobre ela trata a reportaxe que debe escribir Jon Boix. Tiña o cabello longo e negro, ollos grises e profundos, narís reta e afiada, o mentón redondo e os beizos carnosos.

 Secundarios:

Cyrille: Narim Wirmeyd. Naceu no Cairo. Foi descuberta por Jean Claude Pleyel como modelo. Era negra é de pel brillante. Cabelo curto e ollos escuros e misteriosos. Boca pequena e beizos bermellos. Cando estaba no máis alto da fama, suicidouse ao saber que tiña a sida.

• Jess Hunt: Naceu en Toledo, Ohio. Era unha pequena reina da beleza desde a infancia. Foi miss Ohio. Fixo unha rápida e meteórica carreira. Rubia con  cabelo moi longo e rizado. De ollos verdes e sempre sorinte coa súa enorme boca e os seus dientes brancos. Tiña unhas mandíbulas firmes e pómulos perfectos. Morreu a causa das drogas.

Paula Montornés: Directora da revista “Zonas Interiores” e nai Jon Boix.

Sofía: Modelo que coñeceu Jon mentres entrevistaba a Carlos Sanromán. Tiña o pelo longo e negro. Ollos negros e grandes beizos.

Luisa Cadafalch: Unha anciá prematura. Era alta e delgada. Era o único familiar de Vania tras a morte da súa nai e o abandono do seu pai.

Carlos Sanromán: Rondaba os sesenta anos. Era fotógrafo e foi el quen lle fixo as primeiras fotos a Vania.

Vicente Molins: Era un home vello en cadeira de rodas. Era o pai de Vania.

Tomás Fernández: Foi o primeiro amor serio de Vania aos dezaseis anos. Agora exercía de relacións públicas nunha discoteca.

Nando Iturralde: Era cantante. Foi noivo de Vania durante sete años.

Frederick Dejonet: Tiña oitenta anos e foi, con sesenta años, quen lle fixo a primeira sesión de fotos a Cyrille.

Trisha Bonmarchais: Directora da axencia de modelos Pleyel. Esposa do asasinado Jean Claude Pleyel.

Robert Ascroft: Foi noivo de Vania. Casaron e ao pouco tempo separaron.

Agatha Hunt: Era a nai de Jess Hunt.

Bárbara Hunt: Irmá de Jess Hunt. Era o vivo retrato dela,  e unha chica moi simpática.

Noraima: Tiña cincuenta años, o cabelo ensortijado e gris. Un corpo rotundo, firme e forte. Era a criada de Vania, pero tamén coma unha nai para ella.

xoves, 12 de decembro de 2013

SOCAS INFORMA: A NOSA XUNTANZA DO MARTES


Si, si. xa sei, estabades confusos e preocupados pola miña ausencia. Pola total falta de noticias respecto a xuntanza do pasado martes. Enfermara Socas de satisfación polo éxito acadado? Tiña un compromiso co esa rapaza que din que tolea por el? 
Nada máis lonxe. Simplemente estaba tan canso do día a día da biblioteca (porque aquí se traballa arreo) que non tiña forzas de facer resumo ningún. Pero me tomei un bocata de tortilla dos de Belén e Loli e agora xa estou un pouco máis recuperado.
Pois si. Foi todo un exitazo. Éramos cincuenta persoas. E aínda poideron ser máis se dous despistados como Emilio e Laura non trabucasen a hora. E se dous desastriños como Álvaro e Carolina non estivesen facendo vai ti saber que cousa para non acordarse do día. Pero en fin. Para compensar houbo moitas incorporacións como as dos seguintes membros do Club que paso a citar: os irmás Joaquín e Antón (1º e 2º ESO); Helia, Laura, Lidia e Xiana (3º ESO); Jorge (1º BAC). Benvidos todos!
A sesión estivo moi ben presentada esta vez por Diego, e moderada por Alejandro e Amanda. Foi moi interesante contrastar o final da novela cos das versións cinematográficas, as cales Dani prometeu enlazar neste blog. Discutimos acerca do mellor final. Cecilia falou do machismo dalgúns comentarios. Certo é que hai que pensar a data de composición da novela (1939) e, aínda que Ágatha Christie era unha muller moi adiantada a súa época, hai certos clichés que se mantiñan.
Tamén aproveitamos para repartir carnés de biblioteca, presentar novas adquisicións, e falar da vindeira lectura que será: tachan, tachan...

Las chicas de alambre do prolífico escritor catalán Jordi Sierra i Fabra, sobre quen prometo outra entrada máis específica. 

Rapaces, acércase o Nadal. Espero que todos teñades en mente algunha lectura interesante para estes días. Se non, estade atentos ao blog, porque prometo recomendacións como cada Nadal.
Ata pronto!
Socas