Amosando publicacións coa etiqueta Club de Lectura 18-19. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de Lectura 18-19. Amosar todas as publicacións

mércores, 24 de abril de 2019

REUNIÓN ABRIL CLUB LECTURA XUVENIL

Ola compañeiros!

Esta semana do Día do Libro tivemos a nosa xuntanza do Club de Lectura precisamente o propio Día do Libro a volta das vacacións de Semana Santa. Non poidemos celebralo de mellor xeito.

Daniela Katrib e Deva Perille, as que lles gustou moito o libro de Eleanor e Parker, fixeron unha estupenda presentación que vos deixamos aquí. Encadrado dentro da literatura romántica máis dirixida ao público xuvenil a historia non deixou indiferente a ninguén.
























Esta é a presentación de Daniela


mércores, 10 de outubro de 2018

O CLUB DE ROMÁNTICA INICIA A SÚA ANDAINA

Ola rapaces!
O pasado martes comezamos unha nova tempada do noso Club de Lectura xuvenil que xa vai polo seu noveno curso. Como pasa o tempo!
Non quero poñerme sentimental, mais o caso é que este curso si que imos poñernos un pouquiño romanticóns porque convencéronme as Danielas and Company para adicar o noso itinerario lector precisamente á novela romántica. Pero que quede ben clariño dende o principio. Imos ler boas novelas, non cursilerías, eh?
Así que, efectivamente, coa incorporación de algúns pequenos como Toni, Miguel ou Santi, e de grandes como Manuela, iniciamos o club de romántica. Imos ir tamén viaxando no tempo, así que alternaremos textos máis moderniños con auténticos clásicos do xénero.

Polo de pronto tedes que prepararvos para ter grandes emocións con Cumbres borrascosas de Emily Brontë. 



Sei que a proposta foi moi ben recibida e pronto quedaron repartidas as moderacións das sesións.
Así que a ler. Vémonos o vindeiro mes. Estade atentos as novas adquisicións.