Amosando publicacións coa etiqueta Persépolis. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Persépolis. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de decembro de 2024

COMENTANDO PERSÉPOLIS COS RAPACES DE 2º BAC. BO NADAL!

Ola rapaces!

Xa preto das vacacións, non podemos esquecer falarvos da última reunión do noso club, aquela que xuntou a 18 de vós no anexo da biblio para comentar a novela gráfica Persépoli de Marjane Satrapi. Algún de vós queixouse do contenido político da obra e Dani explicounos que non a elexíramos para que vos gustara, senón para facervos reflexionar a dureza de certas situacións e, logo de meditalas, valorar a vosa realidade. 


María Lanza comentou aspectos técnicos e a relacionou co arte de primitivas civilizacións mesopotámicas.


Desexámosvos un bo Nadal! Esperamos que o descanso destas dúas semanas vos axude a comezar con entusiasmo o 2025.



martes, 18 de febreiro de 2014

ANTÍA NA NOSA BIBLIOTECA

Aquí de novo convosco.
Onte Marcos, hoxe Antía.
Falo agora desta última, que tivo a amabilidade de compartir cos rapaces e profes do Club de Lectura a súas emocionantes experiencias viaxeiras -e ten moitas- por Irán, a patria reflectida no cómic que lemos na sesión de febreiro, Persépole.

Logo doa boa presentación de Diego Pereda -parabéns polo teu esforzo en falar galego-, Antía tomou a palabra e guiounos nunha interesantísima viaxe pola xeografía, historia, cultura, relixión, costumes, forma de vestir e de relacionarse deste país asiático.
Foron moitas as cousas que nos relatou, moitas as súas impresións, moitas as excelentes fotografías que compartiu con nós.
Grazas, Antía. Agora entendemos un pouco máis a historia de Marjane Satrapi na súa impactante novela gráfica. 


Ao final tivemos a visita de dous profes do IES Ferrolterra, interesados en aprender da nosa experiencia como Club de Lectura.
Marcamos estilo, rapaces!
Con agarimo,
SOCAS

sábado, 8 de febreiro de 2014

SOCAS INFORMA: APLÁZASE A NOSA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

Ola rapaces!


Unha nota rapidiña para decirvos que a nosa vindeira xuntanza do Club de Lectura, correspondente ao cómic Persépolis, se aplaza para a semana seguinte. Así que temos unha cita o martes 18 pero esta vez as 15, 30. Non nos quedamos a xantar porque algúns profes teñen compromisos xusto ao mediodía. Pero esta circunstancia non será impedimento, espero, para que todos nos vexamos as cariñas logo de comer en casa un día máis.
Así que, ata pronto.
Socas