Amosando publicacións coa etiqueta Castelao. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Castelao. Amosar todas as publicacións

xoves, 6 de marzo de 2025

REPRESENTACIÓN TEATRAL DE "OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE"

Ola rapaces!

O pasado venres 28 tivemos no Sofía a estrea dunha obra de teatro. As alumnas e alumnos de Literatuga Galega do Seculo XX e da Actualidade de 1º de bacharelato representaron o Lance I da obra Os vellos non deben de namorarse, no marco da conmemoración do75 aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.


O elenco foi o seguinte:

  • Antón Beade: Saturio, o boticario.
  • Laura Canosa: Lela
  • Thién Abeledo: a morte
  • Lola Silvar: irmá do boticaorio
  • Helena Merlán: irmá do boticario e muller da vila 1
  • Sofía Durán: irmá do boticario e muller da vila 2
  • Pablo Lamigueiro: home da vila

A obra tamén se representará para alumnado doutros centros no teatro Jofre no marco do ciclo Teatro con G.


Parabéns, rapaces e rapazas!

mércores, 20 de maio de 2015

ITINERARIO LETRAS GALEGAS 2015: PONTEVEDRA-CAMBADOS.

  • 2015, Letras Galegas Filgueira Valverde.
  • 2015, 100 anos de Vento mareiro, poemario de Cabanillas. 

A conexión:
  • Filgueira Valverde: relación co Museo de Pontevedra.
  • Vento mareiro, augada de Castelao que ilustrou o poemario Vento mareiro de Cabanillas, está no Museo de Pontevedra.




Entón...

Continuamos as actividades do "Mes das Letras no Sofía" con esta viaxe cultural que nos leva a Pontevedra para ver no Museo da cidade -tan ligado a Filgueira Valverde e Castelao-, a exposición sobre Filgueira Valverde e a sala Castelao, e saír logo ás rúas seguindo o roteiro "A Pontevedra de Castelao". Despois percorreremos "O Cambados de Cabanillas" para conmemorar os 100 anos de Vento mareiro (Cabanillas: 1915). E como fondo, como un "vento mareiro", eses poemas de Cabanillas (podes ver aquí unha selección) e esa augada de Castelao ubicada hoxe no Museo de Pontevedra: recordade que Vento mareiro, o cadro de Castelao, serviu no seu momento para ilustrar a portada da obra de Cabanillas do mesmo nome.

Castelao: Vento mareiro. Augada, 1921. Museo de Pontevedra.



Pretendemos aproveitar esta actividade para que os alumnos fagan un uso responsable do móbil como ferramenta de consulta, busca, captación e transmisión de información. Para facilitar o labor, deseñouse o sitio informativo itinerarioletrasgalegas2015, que servirá como punto de partida da actividade; inclúe información básica, tríptico, planos e uns itinerarios ("A Pontevedra de Castelao" e "O Cambados de Cabanillas") que os alumnos terán que completar tras a visita.


O sitio tal como se vería no móbil

mércores, 22 de maio de 2013

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE

Escapei do meu recuncho, na hora da sesta, porque estaba a escoitar moito balbordo nos corredores. Si, xentes diversas acudían cara ao salón de actos. Dinme. Vou ata alí por un dos moitos pasadizos que poboan o subsolo deste xa cincuentón edificio. Non podía crer na miña sorte. Hoxe tiña función teatral de balde. Acomodeime entre os familiares e que grata sorpresa. Tan preto da miña casa tiña a ocasión de desfrutar dunha estrea mundial, Os vellos non deben de namorarse  de Castelao en versión do profesor José Luis Paz. Que bo traballo en equipo. Dende o protagonista ata os secundarios máis modestos. Parabéns a todo o elenco de actores e técnicos! Rínme de veras coas catro irmás chorando e berrando tras o cadaleito, emocioneime coa canción de "Lela" na voz das dúas rapazas Candela e María José. E ata mesmo me asustei ao ver morrer ao boticario dun xeito tan real, que dous espectadores miúdos murmuraban entre eles "Non é de verdade, oh?"
Grazas por facerme compartir o voso entusiasmo, rapaces! 
Co agarimo,

Socas