domingo, 30 de maio de 2021

O CURSO DE ITI EN 1º ESO

Ola rapaces!

Come sempre, polo mese de maio ou xuño, estamos a facer un ripaso das actividades do curso que remata. Falamos con Verónica, a profesora de ITI (Investigación e Tratamento de Información). Esta materia optativa é un instrumento fundamental da Alfabetización Informacional (Alfin), un dos obxectivos principais de todas as bibliotecas. 



"Todas as materias viron, dalgún ou doutro xeito, mermadas as súas clases por mor da crise sanitaria que provocou a COVID-19, non obstante, algunhas como ITI resentíronse máis ca outras. Ao longo deste curso foinos moi complicado facer traballos en grupo, vivimos momentos realmente delicados onde os índices de contaxios foron demasiado altos, por iso, dende o comezo, a dinámica da clase foi investigar de xeito individual e facer despois unha posta en común dos contidos na aula. 

No primeiro trimestre investigamos sobre o Samaín e as tradicións de Nadal; no segundo sobre o Antroido no mundo, en España e en Galicia e rematamos o curso coas investigacións máis ambiciosas, as que nos supuxeron un maior esforzo, pero tamén unha maior aprendizaxe. O alumnado investigou sobre temas tan dispares como o movemento Feminista, o movemento LGBTIQ+, o megalodón, a Universidade de Harvad, mitoloxía grega, os dinosauros… Expoñer na clase temas diversos ou facelo do mesmo, pero dende diferentes puntos de vista contribuíu á mellora da dinámica de grupo e á formación do espírito crítico do noso alumnado".  

Ningún comentario:

Publicar un comentario