domingo, 30 de marzo de 2025

NOVA XUNTANZA DO CLUB DE NARRATIVA XUVENIL

Ola rapaces e rapazas!

O pasado venres tivemos a sesión aprazada do Club de Narrativa Xuvenil. Leramos O misterio de Portomarín cos rapaces de 1º a 3º da ESO. 


Estamos a preparar a visita da autora, a escritora Antía Yáñez que esperamos en breve. Ao finalizar esta novela comezamos a lectura da súa continuación O misterio do torque de Burela.



Da gusto oirvos falar de libros e de misterio!




sábado, 29 de marzo de 2025

NOVA XUNTANZA COA SECCIÓN DE 3º E 4º DA ESO DO CLUB DE NOVELA GRÁFICA

Ola rapazada!

O pasado xoves tivemos a reunión do club de novela gráfica na súa sección de 3 e 4 de ESO. Lemos a obra de Bea Lema: O corpo de Cristo que gañou moitos premios como o Premio Nacional do Cómic do 2024, e mais o Premio do Público do Festival de Angoulême, o Gran Premio l´Héoïne Madame Figaro, o Premio Bédélys do Festival de Cómic de Montréal a mellor obra extranxeira.
Trátase dunha historia
autobiográfica na que a autora nos conta o calvario que tivo que pasar para axudar á súa nai, que sofre unha cruel enfermidade mental.


Os alumnos do club expuxeron moitas preguntas e deron algunhas respostas. Todo iso levounos a discutir sobre o papel das mulleres no coidado dos enfermos, a cegueira de moitos familiares ante a proximidade desta doenza, o peso que moitos nenos teñen fronte situacións tan difíciles.


O tempo do recreo non foi suficiente para terminar as nosas reflexións e, como imos recibir a visita da escritora e ilustradora, teremos que volver reunirnos para redactar unha serie de preguntas para Bea Lema. Xa vos avisaremos!

mércores, 26 de marzo de 2025

XUNTANZA DO GRUPO DE NOVELA GRÁFICA DE 1º E 2º DA ESO

 Ola rapazada!

O pasado mércores 19 tivemos unha nova xuntanza da sección dos pequenos do Club de Novela Gráfica. Coa incorporación de Valentina, o grupo vai medrando.


Lemos a versión en banda deseñada do clásico da literatura galega Memorias dun neno labrego, publicado en 1961 en Arxentina por Xosé  Leira Vilas. A dura existencia de Balbino está adaptada e ilustrada por Iria Aldegunde dun xeito espléndido.


Algunhas rapazas lembraron a vida rural dos seus maiores, para outras a historia non lles atrapou totalmente xa que a viron afastada da súa vida cotiá, pero os profesores estamos moi ledos da traxectoria desta sección do noso Club. Cada mes nos amosan a súa madureza cos seus comentarios.



Parabéns!

luns, 17 de marzo de 2025

XUNTANZA DO CLUB DE NARRATIVA XUVENIL

Ola rapazada!

Hoxe tivemos unha nova xuntanza da sección de 1º de BAC do Club de Narrativa Xuvenil. Rematamos de ler Ollos de auga do desaparecido escritor Domingo Villar, do que algún de vós xa lerades A praia dos afogados, outra novela protagonizada pola parella do inspector Caldas e o seu axudante Estévez.


Moitos de vós comentastes as vosas opinións sobre a lectura e Lucía deunos algunhas chaves para entenderlla mellor e animonounos a ler tamén a súa última novela: O último barco.   


A vindeira reunión será co libro Senlleiras de Antía Yáñez, da que xa podemos adiantar a súa visita para falarnos desta novela e dalgúnhas outras.


Vémonos!

xoves, 13 de marzo de 2025

NOVA XUNTANZA DO CLUB DE NOVELA GRÁFICA

Ola rapazada!

Onte tivemos a xuntanza da sección do club de lectura de 2º de Bac adicado a novela gráfica. Tratouse dunha sesión moi emotiva, a última logo de dous intensos cursos. 


Fixemos un percorrido polas novelas lidas en estes dous anos do Bacharelato. Grandes clásicos da banda deseñada como Maus, Persépole; adaptacións de novelas da Literatura Universal como Orgullo e prexuizo, 1984, El señor das moscas, Un saco de canicas; o da Literatura Galega como Cinza; e outras posibilidades como El juego das golondrinas, Cuando brillan las estrellas, Cuando sopla el viento... 

De cada un sacaramos conclusións para atopar unha ensinanza diferente sobre temas de actualidade: as guerras, a emigración, as enfermidades físicas e mentais... Con todas elas viaxamos por lugares e tempos diferentes: o Ferrol dos anos 50, a Francia ocupada polos alemáns, un campo de refuxiados en Kenia, o Irán na revolución iraní; a guerra fría en Gran Bretaña; a guerra de Beirut... 


Neste caso, tratouse de María y yo do historietista xa falecido Miguel Gallardo. Os rapaces e rapazas comentaron os debuxos e o transfondo deste relato autobiográfico que ensina como tratar as personas con síndrome autista.

Agradecemos aos alumnos e alumnas a súa constancia ao vir as sesións e lles desexámos moita sorte no seu futuro!

domingo, 9 de marzo de 2025

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS POLO DÍA DE ROSALÍA

Ola rapazada!

Con motivo de celebrarmos o día de Rosalía de Castro entregáronse no noso IES os premios do concurso de marcapáxinas organizado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística. 


Ao participar tantas e tantos de vós decidiuse dar tres accésits e un primeiro premio:

As premiadas con accésit foron:
  • Iria Álvarez Gómez, 1ºD
  • María Rivera Fernández, 4ºA
  • Noa Seoane Rubiños, 2ºD
O primeiro premio foi para Antón Corral Rodríguez de 3º D.

Nos próximos días teremos na biblio as reproducións destes marcapáxinas para que poidades levar todas e todos os usuarios da biblio cos vosos préstamos.


Recibiron tamén os premiados un agasallo personalizado feito por noso compañeiro Jorge:


Grazas a todos e a todas pola vosa participación. E parabéns para os premiados!

xoves, 6 de marzo de 2025

REPRESENTACIÓN TEATRAL DE "OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE"

Ola rapaces!

O pasado venres 28 tivemos no Sofía a estrea dunha obra de teatro. As alumnas e alumnos de Literatuga Galega do Seculo XX e da Actualidade de 1º de bacharelato representaron o Lance I da obra Os vellos non deben de namorarse, no marco da conmemoración do75 aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.


O elenco foi o seguinte:

  • Antón Beade: Saturio, o boticario.
  • Laura Canosa: Lela
  • Thién Abeledo: a morte
  • Lola Silvar: irmá do boticaorio
  • Helena Merlán: irmá do boticario e muller da vila 1
  • Sofía Durán: irmá do boticario e muller da vila 2
  • Pablo Lamigueiro: home da vila

A obra tamén se representará para alumnado doutros centros no teatro Jofre no marco do ciclo Teatro con G.


Parabéns, rapaces e rapazas!