xoves, 20 de decembro de 2012

RECOMENDACIÓNS PARA NADAL DE 2ºB

Ola rapaces!
Os alumnos de 2º B fannos as seguintes recomendacións para as nosas lecturas navideñas:

Raúl, Laura e Nicole suxiren de Laura Gallego Donde los árboles cantan, da que hai unha nova edición cunha nova portada, onde Viana vai disfrazada de rapaz.
Antía e Salomé recomendan a saga de Crepúsculo, que de novo está de moda polo estreo da última peli de dita saga. Ten de todo: fantasía, romance e acción...


Miriam prefire El circo de los extraños de Darren Shan. Misterio, acción e historia de amor. Tamén ten unha versión cinematográfica con actores como Josh Hutcherson, mais coñecido como o Peeta da peli de Los juegos del hambre.

Daniela aposta por El sueño de Frankie de Pauline Fisk, unha historia entrañable e conmovedora, que chegará ao teu corazón.

David aconsella calquera dos protagonizado por Ullyses Moore de Pierdomenico Baccalario porque teñen moita intriga e enganchan moito.


Christian, xunto con Aida e Patricia, aportan a seguinte saga: Las crónicas de la torre, tamén da nosa admirada Laura Gallego. É moi entretida e gustará aos amantes da fantasía e da aventura.

Seguro que na nosa biblio atopas algo con que disfrutar as vacacións que están a piques de comezar.
Feliz Nadal a todos os biblio colegas!

Socas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario