Ola, poetas:
Na última sesión do Club de Lectura estivemos comentando a novela Dragal. Esta novela trata da transformación dun rapaz, un adolescente de 16 anos, nun dragón. Coa lectura da novela viñeron á miña mente moitos libros que tratan as metamorfoses, que vén sendo o nome grego da palabra "transformacións". Transformarse no "outro" é algo máis ou menos común na literatura xa que permite a exploración de temas complexos da identidade.
Aquí están algunhas das transformacións máis memorables da literatura:
1.- A Odisea, de Homero (Canto X): Tras escapar da illa dos lestrigóns, xigantes antropófagos que matan e comen á tripulación de once barcos, Odiseo (Ulises) e os seus homes foxen á illa Eea, onde algúns homes foron enfeitizados por Circe, filla do Sol, que os convertiu en porcos. Axudado por unhas herbas máxicas dadas por Hermes, Odiseo logra opoñerse a Circe e libera aos sus compañeiros. Ao cumprirse un ano, Odiseo pídelle a Circe que o deixe partir e o axude a chegar á sua patria. Ao que Circe responde que primeiro debe ir á morada de Hades para consultar a alma de Tiresias, adiviño cego.
2.- As metamorfoses, de Ovidio (Libro VI): Aracne (en griego antiguo ἀράχνη, ‘araña’) foi unha gran texedora que alardeou de ser máis habilidosa que a divina Minerva, equivalente romana de Palas Atenea, deusa da artesanía. Minerva, ofendida, entrou en competición con Aracne, pero, segundo conta Ovidio, no puido superala. Ademais, o tema elexido por Aracne, os amores dos deuses, foi ofensivo, e Minerva transformouna nunha araña
3.- O asno de ouro, de Apuleio: é unha asombrosa novela que narra as vicisitudes do xoven Lucio, transformado en asno polas súas afeccións máxicas. A importancia do texto de Lucio Apuleio atópase en dous niveis: a viaxe do encontro consigo mesmo, purificando ao ser humano que hai no interior do asno; e a crítica mordaz e pícara que o escritor realiza sobre a sociedade usando de pretexto esta inocente viaxe dun burriño
4.- "O conto do lobo" do Satiricón, de Petronio (cap. XLII): Esta é, que eu saiba, a máis antiga manifestación literaria coñecida en Europa do arquetipo do licántropo, do home lobo, do ser humano transformado en bestia . O interesante é que ten estructura de conto perfecto.
5.- Divina comedia, de Dante Alighieri (canto XXV): No oitavo círculo do Inferno, Dante e Virxilio transitan pola sétima fosa do Inferno. Alí penan os ladróns sumerxidos nun inmenso niño de víboras sufrindo horribles metamorfoses e fusións con serpes.
6.- A metamorfose, de Kafka. Trátase dunha novela que relata a vida dun ser humano convertido nun insecto e como esa transformación cambia os seus costumes e as suas relacións co resto da súa familia. Este individuo chámase Gregorio Samsa e vive nunha casa cos seus pais e a súa irmá.
7.- O soño dunha noite de verán, de William Shakespeare: Durante a boda de Teseo e Hipólita ten lugar unha obra chea de fantasía, soños, amor e maxia que entremezclan as historias de amor de dúas parellas nobres, duns cómicos despreocupados e dun grupo de membros do mundo das fadas. A transformación de Bottom nun burro provén da obra O Asno de Oro de Apuleio que comentamos antes.
8.- O retrato de Dorian Gray, de Oscar Wilde. Conta a historia dun xove, Dorian Grey para quen "o único que vale a pena na vida é a beleza, e a satisfacción dos sentidos". Dorian desexa ser sempre xove. O seu desexo cúmprese, mentras el se mantén coma un mozo, la figura retratada nun cadro envellece por el.
9.- Alicia, de Lewis Carroll: Unha nena persegue un coello e cae por un burato. Alí comezan as súas aventuras que todos coñecemos tras beber un líquido que a fai cambiar de tamaño.
10.- O extraño caso do Dr. Jekyll e Mr. Hyde, de R. L. Stevenson. É unha alegoría moral en forma de historia de misterio. Os dous extremos, o ben e o mal, están convivindo nunha soa persoa, o médico Henry Jekyll, que inventa unha poción capaz de transformalo,
ao comezo, pola súa propia decisión e, despois, incontroladamente, no monstro temible Míster Hyde.
ao comezo, pola súa propia decisión e, despois, incontroladamente, no monstro temible Míster Hyde.
E se me permitides a "boutade" (broma tonta): Os Simpsons - episodio: A Illa do Dr. Hibbert.
Espero que estes comentarios vos animen a ler algunha das obras que aparecen neles. O que máis me gusta dos libros é que me levan a outros libros e me ensinan que hai mil formas de expresar os sentimentos humanos.
Que teñades un bo día, poetas.
Desde o meu recanto da biblioteca, soamente podo dicir que encantoume este decálogo de lecturas, que ao fío do Dragal, propoñe Daniel. Libros e máis libros, que máis se pode pedir?
ResponderEliminar