sábado, 16 de febreiro de 2013

CORAZÓN DE TINTA. A NOSA XUNTÁNZA TRASLÁDASE AO DÍA 26

Ola rapaces!
Espero que disfrutárades do entroido como cada ano. Eu  espieivos dende o meu recuncho e, aínda que non recoñecín a todos, vin algúnha ratiña, algunha estrela da canción, algúnha nena de gardería, algún manifestante con rastas enfrontándose a polis con gorra, ... Contáronme que as comparsas deron moito xogo. 
Tamén quero facer fincapé na coidada exposición que decora o corredor enchendo de poesía romántica en galego as nosas paredes. Parabéns a Equipo de Dinamización do centro que está a facer moitas actividades!
Se me acumulan os temas á volta das vosas vacacións de entroido. Mais, non quero pasar de salientar como se esta a transformar a nosa biblioteca e como, coa axuda de moitos de vós, estamos reorganizando os nosos fondos. Tende paciencia que pouco a pouco remataremos a nova colocación, que esperamos que sexa unha axuda para atopar tantos tesouros como agochan os nosos vellos andeis.

Ben, e paso a dar o principal aviso desta entrada. Como sabedes, estamos a ler o inicio da triloxía de Cornelia Funke, Corazón de tinta. A nosa vindeira xuntanza correspondería para o martes 19 pero imos pospoñela para o seguinte día 26 para saboreala con máis tranquilidade. 
Espero que, a pesares do seu considerable volume e da coincidencia cos exames, todos poidades ler a novela con calma porque penso que aproveitaredes moitas das súas suxestións. En especial porque é un libro que fala de libros, do amor dunha orixinal familia non só polo contenido dos mesmos senón incluso polo seu continente, e porque viaxa do universo real ao universo de tinta, cos perigos que iso conleva. 
Para rematar, despídome cunha cita que penso que simboliza o paso que moitos de nós damos cando decidimos abrirnos á fantasía:

"Por un instante, Meggie estuvo tentada de rechazarla. Le habría encantado dejar boquiabierta a Elinor castigando a sus valiosos libros con el desprecio. Pero no fue capaz. Su curiosidad era demasiado poderosa. Casi le parecía escuchar los cuchicheos de los libros por la puerta entreabierta. Le prometían mil historias desconocidas, mil puertas hacia miles de mundos inéditos. La tentación fue mayor que el orgullo de Meggie.

-Acepto."

E veredes que Meggie comprobará que si, que os libros cumplen o que prometen.

Ningún comentario:

Publicar un comentario