Pedimos a Emilio que nos contara a experiencia do Obradoiro de Escritura que dirixe e o fai ao seu estilo:
OBRADOIRO DE (micro)ESCRITURA
OBRADOIRO DE (micro)ESCRITURA
Todo texto breve que empeza e
¿acaba? é microescritura. Que sexa literatura é outro
cantar, pero no horizonte do Obradoiro (OmE) tal condición aparece
xa desde o principio como a súa finalidade natural. No fondo, como
Kipling, todos queremos escribir o conto máis fermoso do mundo.
Velaiquí un listado improbable de
microxéneros:
- Titular xornalístico Aforismo Anécdota verídica / sucedido pintoresco
- Haiku Esquela Discurso político mitineiro Graffiti Greguería
- Carta de amor Carta de desamor Carta de odio, directamente
- Nota de suicidio (exemplar, se é de Vila-Matas) Panxoliña
- Escolio a un texto implícito Chiste verde (ou non) Chiste mariano Xaculatoria
- Programación Didáctica Post-It para neveira ou lavalouzas
- Informe do psiquiatra forense de garda Atestado policial Adiviña, adiviñanza
- Informe do profesor encargado da aula de convivencia Jingle publicitario Caligrama
- Nome de pía de Agustín Lara (microxénero hápax legomenon)
- Solicitude de emprego doméstico no taboleiro do súper Message in a bottle
- Pregunta capciosa / filípica, de polo menos 2 tonantes minutos, con 4 subordinadas, 3 aposicións (unha delas digresiva meramente) e 5 ½ finas ironías do profe de Filosofía
- Anuncio de bebida isotónica Pesadelo por escrito Epitafio Entrada do D.R.A.E.
- Entrada do día de San Valentín do mítico Diaaaario adolescente (con ou sen debuxiños de corazóns, smilies, coitelos, faragullas e unicorños rosas)
- Nota de prensa, sección Ecos de Sociedade Receita de cociña luguesa caseira
- Instrucións de montaxe dun armario de lavabo Godmorgon con 2 caixóns
- Declaración de (boas) intencións de Primeiro de Ano Pé de foto
- … e CONTO CURTO
Temos a intención de continuar o ano
que vén, pero polo de agora levamos feito:
- algunha pescuda de microxéneros de
xornal
- un intento de conto
fantástico-humorístico que non callou ( a outra proposta era algo
de dark fantasy, pero alguén tiña medo de sufrir
pesadelos, e desbotouse)
- variacións sobre o coñecido
microrrelato do dinosaurio de Monterroso
- un conto a 4x2 mans algo tolo, e
aínda por rematar
- unha pequena obra de teatro aportada
por Diego
- fragmentos para lectura e discusión
da opus magnum de Pepe, “Leyendas de Jinmei”
- unha dicusión sobre a posible
mascota do OmE (un librocán, un gatolibro, un librogatocán, un rato
de biblioteca escribidor, …), con suxerencias para dibuxala
Do dito xa se bota de ver que hai máis
futuro que presente no OmE, e máis brincadeira que académico
currículo tamén. A cousa évos perder o medo a que se lea o que
escribides, pasalo ben e ¿mellorar? co tempo.
Emilio dixit.
Ningún comentario:
Publicar un comentario