Xa hai uns días que está connosco o novo número da revista Planeta Lingua, revista promovida polo Equipo de Dinamización de Lingua Galega. Andamos mal de tempo, queriamos contalo ben, pero xa é moita hora de dicilo. Así que vai como vai. Pero vai:
Antía, superácheste.
Sempre nos sorprendes, pero desta vez… Mirade os contidos: seguro que as vosas nais ou avoas foron alumnas do centro, seguro que lles encantará revivir de novo aqueles anos. Mirade, mirade:
- “Tal como éramos”, o Ferrol que veu nacer o noso instituto: Que fotos!.
- “Os primeiros 50 anos”, o Sofía de 1963-64 a 2013-14, con datas fundamentais: 1963 (bota a andar), 1967 (novo edificio), 1970 (cambios), 1976 (BUP), 1983-1985 (de Camilo a Sofía, de feminino a mixto), 1996-97 (a ESO)…
- “Sofía Casanova. A traxedia de Europa feita palabra”, con fotos e anécdotas, moitas delas contadas a Antía polos alumnos Carlos Bértalo, Antía Aneiros, Tomás Losada e María Rodríguez Brañas.
- “Eu estudei no Sofía Casanova” , unha reveladora charla con María José Rodríguez Bouza, ata hai nada profesora de EF no centro.
- “As miñas lembranzas do instituto” por Ánxela Loureiro. Que memoria! Que recordos! Que ben o contas! “A prepa”, dona Socorrito, o movemento estudantil… Lédeo, por favor. Lédeo.
- Os actos de celebración dos 50 anos. Por certo, aí vai o enlace ao documental realizado por alumnos e profesores, cos nosos amigos de Gaitafilms.
- Sofía Casanova, “Ferrolán do ano”, co discurso de agradecemento de Laura, a directora.
- E as achegas da ANPA e de Alberto Fuentes, antigo alumno do Sofía e actual xefe de estudos.
Antía, parabéns. É unha revista para todos, para os que estiveron, para os que estamos e para os que estarán. Porque os 50 anos do instituto non se podían esquecer. Porque é algo que non pasa todos os anos. Porque se traballou moito nesta conmemoración. E porque ti traballaches moito. E este é o resultado. Un fantástico resultado.
Continúa, por favor. Todos os anos recolles feitos que nos fan lembrar o que fomos e o que somos. Que este noso Planeta Lingua dure "mil primaveras máis", e que sexa da túa man. Fasnos moita falta, fasnos recordar, porque...
Continúa, por favor. Todos os anos recolles feitos que nos fan lembrar o que fomos e o que somos. Que este noso Planeta Lingua dure "mil primaveras máis", e que sexa da túa man. Fasnos moita falta, fasnos recordar, porque...
Ningún comentario:
Publicar un comentario