mércores, 13 de xullo de 2016

ATA SEMPRE, AGUSTÍN. VÉMONOS...

PORQUE VIVES NOS TEUS LIBROS.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Agust%C3%ADn_Fern%C3%A1ndez_Paz
Ilustración de David Pintor 

Palabras de Agustín Fernández Paz con motivo da 


Escribe César Casal en Agustín, «arte-san», La Voz de Galicia (12-7-2016):
Aínda estabamos co «subidón» do agasallo do Día das Letras para Carlos Casares, cando nos chegou a labazada do adeus a Agustín Fernández Paz. Sonou coma un estoupido, coma o derrumbar dun cume de libros. Agustín tiña o mellor que pode ter un escritor: lectores. A moreas. E o que máis desexa unha boa persona: amigos fondos, a centos. Agustín, o único que queda non é o amor. Queda o amor, pero quedan todos os teus soños de tinta. Esa fervenza de palabras. Agustín segue, co seu aceno de tenrura. Unha enchenta de dozura. Segue a dicir cousas cheas de sentido común: «A illa do tesouro é a novela con maiúsculas». Coñecía ben que escribir non era atrancar palabras. Era deixar que o río correse e atopase o mar do sentimiento. Que tipo. Un educador de verdade. Con todo o que supón. Galicia é máis orfa sen este Agustín que non era artista. Era artesán. «Arte-san» dos que curan cos seus libros. Dos que pagan a pena. Coa única vaidade de tentar o meridiano cero da felicidade.
A negriña é nosa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario