Ola!
Onte acudimos á nosa cita anual cos membros do club de lectura do IES Concepción Arenal. Pasamos un rato fantástico grazas á hospitalidade do equipo de biblioteca liderado por Ana Vizoso e desfrutamos das capacidades artísticas excepcionais dos participantes nos clubs de lectura. Para que poidades desfrutar todos dunha parte do vivido por nós nesa reunión, deixamos o seguinte vídeo cunha interpretación espectacular dunha canción en italiano:
As compañeiras do IES Concepción Arenal interpretaron un lance de Os vellos non deben de namorarse, que incluíu a interpretación de Lela, e varios compañeiros leron textos de Cousas: "Cando Bieito quedou orfo" e "Chámanlle a Marquesiña".
Os participantes do club de lectura do IES Sofía Casanova recitamos tamén textos de Cousas: "No escuro caletre de Martiño", "O pai de Migueliño", "Camiño esquecido", "Si eu fose autor", "Romualdo era un home fino" e "Esta morea de pedras e tellas". Nas hiperligazóns podedes desfrutar de todas intervencións.
Moitas grazas ao IES Concepción Arenal pola vosa acollida e até o curso que vén!
PROXECTO LÓVA
- Inicio
- CATÁLOGO BIBLIOSOFÍA
- IES SOFÍA CASANOVA
- BUSCA UN LIBRO NO SOFÍA
- RED DE BILIOTECAS DE GALICIA
- LEER NO SOFÍA
- GUÍA ALFIN/AMI
- ITINERARIOS LECTORES
- CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
- ADQUISICIÓN EN PINTEREST
- CANAL YOUTUBE
- BIBLIOTECAS VIRTUALES CATÁLOGO ONLINE
- EXPERIENCIAS DE LECTURA NO SOFÍA
- SOCAS RECOMENDA
- CLUB MANGA SOFÍA
- VOLUNTARIADO BIBLIOTECA
- FORMULARIO
- ENQUISA FIN DE CURSO
- CLUB DE LETRAS
- PROXECTO LÓVA
- SOFÍA DINAMIZACIÓN
- RADIO DO SOFÍA
- ACTIVIDADES TITORÍAS
- CLUB LECTURA XUVENIL
- E-LBE.2
- BILBIOSOFÍA
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Grazas a vos, e a eses entusiastas lectores de Castelao.
ResponderEliminarUnha aperta e ata siempre!