Ola rapaces!
Seguro que estades pensando que temos unha boa empanada. Pasou xa o Día das Letras Galegas (e aínda a súa correspondente Semana das Letras Galegas) e nós sen publicar nada.
Isto non significa que no Sofía non teñamos feito nada para celebrar este día grande. A explicación está en que se decidiu aprazalo ata o vindeiro día 28 coa estrea da obra de teatro do noso grupo teatral.
Pero na biblioteca desde hai varias semanas fixemos unha
proposta de actividades para todo o centro que se difundiu entre as titorías por medio do Departamento de Orientación e o EDL, colaborando ademais na difusión do material istitucional sobre Fraguas que tedes nos corredores. No espazo da biblioteca tamén podedes ver unha fermosa árbore cos traballos realizados polos alumnos sobre o autor homenaxeado neste 2019.
proposta de actividades para todo o centro que se difundiu entre as titorías por medio do Departamento de Orientación e o EDL, colaborando ademais na difusión do material istitucional sobre Fraguas que tedes nos corredores. No espazo da biblioteca tamén podedes ver unha fermosa árbore cos traballos realizados polos alumnos sobre o autor homenaxeado neste 2019.
Aquí vos queremos deixar a páxina web que fixemos cos traballos dos rapaces e os diversos muros onde aparecen.
Chama a atención o "Proxecto Museo Etnográfico Virtual" no que, aproveitando os obxectos que temos recollidos no Museo creado por antiguos profesores do Sofía como Meizoso ou Llorca, estes obxectos tradicionais falan e se presentan eles mesmos en senllos vídeos realizados por vós, rapaces. O poder das novas tecnoloxías na que sodes verdadeiros mestres.
Este proxecto responde á preocupación constante de Antón Fraguas Fraguas (1905-1999) pola cultura tradicional de Galicia, eido no que salientou como investigador, historiador, etnógrafo, recuperador, escritor e difusor. Participando en numerosos grupos e institucións preocupados por este mismo fin como: As Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, a Real Academia Galega, donde ocupou a praza de Castelao. Unha traxectoria que culmina na creación do Museo do Pobo Galego, do que foi membro fundador e director.
A través destes vídeos tamén vós facedes os vosos propios traballos de investigación. Desexamos que servisen de homenaxe non soamente a Antón Fraguas, senón á nosa cultura galega posuidora dun importantísimo patrimonio material e inmaterial popular do que este autor se ocupou ó longo da súa dilatada traxectoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario