sábado, 31 de outubro de 2020

SAMAÍN 2020

Ola compañeir@s!

Este curso 2020-2021, está sendo moi atípico. Para empezar temos limitado o espazo e o aforo da nosa biblioteca para cumplir co protocolo da Covid 19. Por este motivo para celebrar esta tradicional festa de orixe celta que é o Samaín, tivemos que tirar de creatividade e boa vontade por parte de todos. 

 Fixemos hai unhas semanas unha proposta variada de participación en concursos de Relatos ou contos de medo, de concursos en formato vídeo para facer unha lectura ou un booktrailer dun relato de medo ou terror e un de Tik Tok, no que se recrease unha escena de terror dun libro ou se lese unha frase ou un páragrafo. Deixamos aquí  un dos carteis que están polo centro.


Como viñemos facendo nos últimos anos, fixemos unha proposta de actividades conxunta a Biblioteca do Sofía e os Departamentos de Dinamización Lingüística e o de Actividades Extraescolares, que van desde a lectura de textos de medo aos tradicionais obradoiros de  decoración de cabazas .

Este ano o obradoiro fíxose na clase de Educación Plástica e Visual de primeiro da ESO dirixido pola  profesora María Lanza.


Pola nosa banda fixemos unha orixinal proposta de lecturas de medo, presentando os libros nun cemiterio terrorífico, no que colaboraron ademais do alumnado de 4º da ESO, algúns membros do voluntariado da biblioteca que se decidiron a escoller algúns dos seus libros de terror favoritos para poñelos na exposición que fixemos na entrada do instituto.
Deixamos tamén unhas fotos da lectura que se fixo de textos de medo na entrada do centro.
Desde a nosa biblioteca queremos facer o posible por animar a toda a comunidade educativa a escoller un libro como unha fabulosa opción para acompañarnos nestes tempos de dificultades.  

Animádevos a ler e participar nos concursos que continúan  abertos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario