sábado, 28 de novembro de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO. ANDRÉS AVELINO COMERMA

Ola rapaces!

O alumnado do STEMBach do Sofía fixo un artigo publicado no blog do EDL que tedes a disposición entre as pestanas superiores desta publicación, no que se facía unha recopilación das propostas instutucionais para a celebración deste Mes da Ciencia en Galego. Desde este blog da nosa biblioteca queremos destacar a figura de Andrés Avelino Comerma y Batalla a quen este ano a Real Academia Galega de Ciencias rende homenaxe e que contou coa aportación do seu bisneto, o profesor Luis Puig Mosquera, no acto de celebración do Día da Ciencia en Galicia que tivo lugar o 8 de outubro. 

A figura e a obra deste ilustre científico que desenvolveu o seu traballo na nosa cidade está tratada por dous profesores do noso instituto: O historiador Guillermo Llorca autor dunha biografía e dun roteiro: “Paseo por lugares emblemáticos de Comerma en Ferrol”, elaborado polo Consello da Cultura Galega e editado polo Concello de Ferrol, que foi presentado no marco da celebración do acto homenaxe “Deixen traballar a Comerma”, organizado pola RAGC, que podedes ver picando a imaxe.


O Catedrático de matemáticas Luis Puig Mosquera, foi o encargado de facer unha semblanza do seu bisavó na conferencia inaugural do Día da Ciencia en Galicia 2020. Nunha xornada que estivo presidida polo presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan M. Lema Rodicio, e polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Como podeder ver nos vídeos que vos deixamos aquí.


Esta institución tamén lle adica o seu anuario a este enxeñeiro e arquitecto naval, Andrés Comerma que en palabras de Luis Puig Mosquera “Era unha mente de vangarda que serviu a Ferrol e a Galicia" e "unha personalidade inqueda ávida de novos coñecementos” que non se limitou únicamente ó campo da enxeñería naval, no que destacou sobradamete, senón que  se interesou por todo tipo de innovacións científicas e técnicas desde a electricidade, os raios x, a telefonía, e un amplo abano de campos dos que dan conta as súas viaxes ás Exposicións Universais de París e Londres e as súas publicacións que vos deixamos a continuación:




COMERMA Y BATALLA, A. A. (1868): Curso práctico de construcción naval. Ferrol: Imp. de El Eco Ferrolano. Primeiro libro de texto oficial sobre o tema e medalla de prata na Exposición Marítima de Barcelona.
COMERMA Y BATALLA, A. A. (1879): Ligeros apuntes de la Exposición internacional de París de 1878, por Un Testigo Ocular, A Coruña: Tip. de El Comercio.
COMERMA Y BATALLA, A. A. (1.884): La Exposición Internacional de Pesca de Londres en 1883. Ferrol. El Correo Gallego.

Para rematar queremos deixarvos como  referencia bibliográfica sobre ese notable enxeñeiro, esta obra na que participou  Luis Puig como autor.

E, por último, deixamos  este lugar  no que podedes atopar  imaxes  antigas sobre a construción do Dique da Campá do que tomamos esta fermosa imaxe; se picades nela podedes acceder ó blog.




Ningún comentario:

Publicar un comentario