venres, 12 de marzo de 2021

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

Ola compañeir@s.

O 8 de marzo é  o Día Internacional da Muller, este curso debido ás medidas do protocolo Covid do centro tivemos que adaptar as celebracións e actividades desta xornada. Nas distintas áreas os responsables e os titores puxeron en práctica algunhas iniciativas das que vos informaremos noutro artigo pero hoxe queremos deixarvos a que encheu de carteis a entrada e os corredores do centro. O Alumnado da ESO e Bacharelato das materias de TIC 4º, TIC I e TIC II, coordinados polo Departamento de Tecnoloxía, decidiron participar no: IV CONCURSO DE CARTEIS 8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, covocado pola XUNTA DE GALICIA (Secretaría Xeral de Igualdade).
O inxenio e a creatividade do noso alumnado deu como resultado uns carteis de gran calidade e vistosidade nos que se abordaron moitos dos temas da actualidade como é o caso de estes dous que están aquí e que  son os máis comentados entre os artistas que participaron.

Para que vexades o resultado deixamovos unha presentación. Non queremos despedirnos sen felicitar e recoñecer o talento e o traballo de este alumnado e do porfesorado deste Departamento. Desde aquí dámoslles as grazas por permitirnos disfrutar destas pequenas obras de arte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario