Ola rapaces!
Durante esta semana e a pasada tivemos as catro xuntanzas do noso Club de Novela Gráfica.
- Os grupos A e D leron Harley Quinn. Cristales rotos, a historia dunha rapaza de quince anos moi descarada que na soidade dunha cidade difícil como Gotham, atopa forza nun grupo de drag queen onde aprende a loitar polo verdadeiramente importante. Xentrificación, amizade, solidariedade, son os temas que atopamos nesta obra de Banda Deseñada da autora gañadora dos premios Eisner e Caldecott Mariko Tamaki, e do artista nomeado ao Eisner Steve Pugh.
- O grupo B e C lemos El juego de las golondrinas de Zeina Abirached. Narra unha noite no Beyrouth dos anos 1980, na que os veciños dun edificio se atopan pechados polos bombardeos. Dous rapaces esperan a chegada dos seus pais no medio dun deles. Non obstante, a compañía dunha galería de veciños pintorescos fanlles tomarse dun xeito cotiá e cómico esa dificultade.
En entradas vindeiras falaremos do arranque da nova sección do Club de Lectura, a de Narrativa Xuvenil en Lingua Galega. Xa tivemos dúas sesións e o vindeiro luns día 4 estreamos a sección de 3º, 4º e 1º de BAC.
Grazas a todos por participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario