Ola rapaces!
O mércores tivemos a segunda sesión do Club de Novela Gráfica coas rapazas de 1º de ESO. Leron a segunda parte da novela gráfica de Lucy Knisley: Truco o beso, moi apropiada para as datas do Samaín.
Aínda que non todas puideron rematala, as pequenas comentaron que lles gustou moito a novela. Do mesmo xeito que Jen, a protagonista da historia, ante a actitude da súa irmá Andy, elas sentíanse un pouco sorprendidas dalgunhas reaccións atopadas a chegar ao instituto. Desde cando os rapaces deixan de ser soamente amigos?
María, a profe de E. Plástica axudounos a comprender mellor aspectos técnicos do debuxo. Tras repartir a seguinte novela, Ellas, de Kid Toussaint, despedímonos ata xaneiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario