mércores, 24 de febreiro de 2021

Día da Muller e a Nena na Ciencia

Ola rapaces!

O 11 de febreiro celebramos, impulsado pola ONU, o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, este ano co lema: "Máis aló das Fronteiras: Igualdade na Ciencia para a Sociedade". Sabemos que nos últimos anos, a comunidade internacional ven de facer un gran esforzo para promover a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Aínda así, a brecha de xénero nos sectores da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas (STEM) persiste en todo o mundo. 
Por este motivo, desde os centros educativos, póñense en marcha inicaciativas como a da Universidade de Vigo, na que ó longo do mes de febreiro, un total de 32 investigadoras e un investigador ofreceranlles a 34 centros educativos de toda Galicia 70 charlas virtuais sobre o seu traballo e sobre o papel da muller na ciencia e na tecnoloxía.
O noso instituto participou, coa conferencia dunha antiga alumna do noso centro Dna; Francisca Rivera Fariña, Catedrática de Psicoloxía Básica e Psicoloxía Xurídica do Menor é Investigadora Principal do Grupo PS1 (Psicoloxía Xurídica) da Universidade de Vigo. 
Fixo unha introdución falando sobre a biografía de Sofía Casanova, e cómo esta viviou a separación dos seus país do mesmo xeito que moitos nenos e nenas viven na actualidade esas circunstancias. Esto serviulle para introducir o núcleo da investigación do equipo que dirixe, que se centra nas vivencias dos fillos de parellas en proceso de divorcio, como unha oportunidade de crecemento e de revertir esa realidade en fortalezas. Falou tamén da conexión da súa rama de investigación, a psicoloxía, co dereito e da valoración da psicoloxía, non como unha liña meramente humanista, senón como unha disciplina científica máis, insistindo en que a investigación científica non se esgota nas matemáticas a física ou as ciencias naturaise e a tecnoloxía. Rematou animando a todas as nenas a profundizar na súa formación como medio para encarar o seu futuro como mulleres independentes e libres.

A segunda iniciativa estivo proposta desde os departamentos de Orientación, o equipo de Dinamización e a Biblioteca. Consistiu en publicitar algúns materiais para colocar nos corredores e outros espazos do centro unha serie de posters enmarcados coas figuras de mulleres científicas senlleiras e unos calendarios coa mesma temática para colgar en cada aula con datos e información biográfica relevante sobre estas mullers que fixeron carreira  na ciencia.
Tamén se fixo unha proposta de materias para a reflexión nas titorías como a infografía que podedes ver o picar a imaxe. 

E vídeos educativos que se trataron nas titorías como este que vos deixamos de Margarita Salas.



Por otra banda, o alumado de 4º da ESO da área de L. Galega coa súa profesora Pilar Vázquez fixeron presentacións e vídeos sobre algunha desta mulleres científicas.

 
Por último, o equipo de profesores responsables no noso centro do Bacharelato STEMbach: Cristina López Suárez e Elisa Moreira García, xunto co Departamento de actividades extraescolares, propuxo facer  charlas nas aulas da ESO a cargo do alumnado de esta modalidade de bacharelato. Os rapaces e rapazas de 2º de Bach, expuxéronlles ós nenos e nenas os proxectos de investigación nos que están a traballar, facendo unhas presentacións moi dinámicas sobre o producto que desenvoveron nel e as fases de cada un, tansmitíndolles deste xeito en que consiste o modelo científico de traballo. Tamén levaban unhas batas brancas nas que portaban a imaxe de algunha científica destacada. Rematada a conferencia, procederon a facer un concurso de preguntas sobre estas mulleres científicas mediante kahoots que tiñan preparados. A gran calidade do traballo e a coidada exposición deixou ó alumando dos primeiros cursos da ESO, asombrados do capacidade de traballo do alumnado do Stembach. Esta admiración despertou a curiosidade e as ganas de facer tamén eles e elas no futuro algunha incursión no mundo da investigación científica. Foi unha xornada moi productiva e da que vos deixamos algunhas imaxes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario