xoves, 4 de febreiro de 2021

DÍA DA PAZ 2021

Ola compañeiros.
A semana pasada celebramos o Día da Paz, e este curso inmersos como estamos nesta terceira onda da pandemia, afixémonos a empregar nas nosas conversas moitos conceptos relativos á saúde. Neste contexto propuxemos desde os Departamentos de Orientación, Dinamización lingüística e a Biblioteca, construír unha caixa de primeiros auxilios da Paz, en cada aula, con elementos que contribúan a facela realidade na nosa contorna.
Para o traballo nas aulas puxemos a disposición dos titores un cartafol con imaxes libres de material médico, para que o alumnado propoña en cada elemento unha posible medida ou tratamento contra a violencia, por exemplo: Pílulas de boas palabras ou eloxios aos semellantes, apósitos adhesivos para os enfados, termómetros para controlar a ira, inxeccións para aumentar o autoconcepto positivo, máscara para combater os insultos, vitaminas de comprensión, tesoiras para cortar as discusións, etc.


Para a realización da actividade co alumnado deixamos a disposición do profesorado unha serie de vídeos sobre cuestións que afectan á convivencia. 

VÍDEOS

TOLERANCIA: 


SABER VALORAR ÁS PERSOAS





RESOLUCIÓN DE CONFLITOS 


Para apoiar a reflexión nas aulas tamén deixamos unha serie de lecturas.




Tras o visionado e o diálogo na aula, cada participante escribe nun dos debuxos un remedio contra a violencia, coas achegas de todos construímos a nosa caixa de primeiros auxilios para a PAZ, coas aportacións de todos fixemos un mural na entrada do centro.

Deixamos aquí exemplos do resultado da actividade nalgunha alula. 

Tamén podedes ver a páxina na que recollemos os traballos do alumnado, que realizaron esta actividade en formato infografía ou imaxe dixital. Pica aquí.


Ningún comentario:

Publicar un comentario