sábado, 13 de novembro de 2021

A INVISIBILIDADE DA MULLER NA CIENCIA, UNHA FORMA DE MALTRATO CULTURAL



Neste mes da ciencia en galego queremos destacar esta campaña de #Non máis Matildas, que ten por obxectivo amosar a pouca visibilidade que ten o traballo das mulleres científicas en comparación co dos seus compañeiros homes.
Está promovida por “Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas (AMIT)”. Convencidas de que unha maior presenza de mulleres nos libros de texto estimulará a vocación científica entre as alumnas, na súa web podemos encontrar máis información e este vídeo que fala da escasa repercusión que tería o traballo Einstein se fose muller.
Estamos a ver moitas iniciativas similares nas que se recollen figuras senlleiras, e malia todo iso a falta de visibilidade e de recoñecemento das mulleres na ciencia é rechamante. Na mente de todos está sempre o caso de Marie Curie que é a primeira muller en recibir un premio Nobel, o de Física en 1903, iso si, xunto ó seu home. Aínda que é das poucas persoas no mundo que ten dous, pois recibiu o Nobel de Química en 1911. Pero a historia repetiuse más de 20 anos despois coa súa filla, Irène Joliot-Curie. Ela tamén recibiu o Nobel de Química xunta o seu home, en 1935(ler máis). En todos as tentativas de promover as figuras científicas femeninas vexo que faltan figuras importantes se son mulleres científicas e crentes como é o caso de Ada Lovelace (1815), filla de Lord Byron, considerada unha precursora da computación. Mary Kenneth Keller, relixiosa católica, pioneira no desenvolvemento da linguaxe de programación informática. Rosalyn Sussman Yalow, xudía, Nobel en Fisioloxía o Medicina en 1977 ou Ada Yonath, xudía tamén, Premio Nobel de Química en 2009. Pero a invisibilidade é a máis significativa se es muller científica e galega. Como no caso de Jimena Fernández de la Vega, primeira licenciada da Facultade de Medicina en Galicia, investigadora xenetista que logrou destacar e desenvolver o seu labor ó lado dun recoñecido antifeminista como Novoa Santos.
E por último queremos traer aquí, unha vez máis as figuras de científicas ferrolás como:Àngela Ruiz Robles, inventora dunha enciclopedia mecánica, o xermolo do actual e-book, uo a oceanógrafa Ángeles Alvariño da que xa falamos noutro  artigo deste blog.
Para rematar, podedes ver un cómic sobre mulleres científicas Tres contos que podes ver se picas a imaxe.

Unha publicación de haikus de ciencia para inspirar ó alumnado do noso centro que está convocado a un concurso da haikus promovido polos Clubs de Convivencia e Igualdade, en colaboración cos Departamentos de Orientación e o Equipo de Dinamización do centro. Na nosa biblioteca podedes atopar libros que vos falan destas e outras mulleres pioneiras no ámbito científico.
BIBLIOTECA IES SOFÍA CASANOVA de Biblioteca IES Sofía Casanova

Ningún comentario:

Publicar un comentario