domingo, 7 de novembro de 2021

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Ola compañeir@s!

A Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia publica, como cada ano, unha imaxe sobre novembro mes da ciencia en galego. Se picas nela verás unha recompilación de materiais de ciencia en galego. Por outra banda, este ano o Manifesto correou a cargo de científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiagdo de Compostela. Coñecido investigador e divulgador científico. Nel fai finca pé na necesidade de facer divulgación e de empregar o noso idioma na ciencia.

Fote RAGC https://www.ragc.gal/gl/project/dia-da-ciencia-en-galicia-2021-jimena-fernandez-de-la-vega-2/
El  foi tamén o encargado de facer a presentación, o 8 de outubro na Real Academia Galega de Ciencias, (RAGC), da figura da homenaxeada de este ano: Jimena Fernández de la Vega, coa intención de dar a coñecer ó público a importancia da investigación e de personalidades de este eido que permanecen nas sombras para a maioría. Neste caso trátase dunha muller que coa súa irmá xemelga Elisa, foron as primeiras mulleres licenciadas pola USC, representando un referente excepcional do que foi a incorporación da muller aos estudos universitarios.

Fote RAGC


Esta extraordinaria muller ten unha impresionante traxectoria como investigadora xenetista, rompendo moldes na súa época. Anxel Carracedo, destaca tamén a concepción que ela tiña da saúde e da enfermidade. A nivel porofesional interesouse pola  aplicación da hidroloxía no campo da saúde, eido ao que destinou todo o seu entusiasmo traballando como médica do balneario de Guitiriz (Lugo).

Tamén podedes ver un vídeo no que fan semblanza da súa vida e obra, entre outras personalidades, María Teresa Fernández de la Vega a presidenta co Consello de Estado e  Milagros Candela, que foi profesora titular de Xenética na Facultade de Bioloxía da Universidade Complutense de Madrid.

Ningún comentario:

Publicar un comentario